Pestanas principais

O Goberno municipal visita a empresa Unayta que se está encargando de dixitalizar a documentación do arquivo municipal

Sábado, 09 de abril de 2022

O alcalde de Ames, Blas García, e maila concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, visitaron a empresa Unayta, que está situada na avenida de Rosalía de Catro, no Milladoiro. Trátase dunha consultora tecnolóxica especializada na dixitalización documental e oficina sen papel. Esta empresa leva varios anos traballando co Concello de Ames co obxectivo de dixitalizar a documentación do arquivo municipal. Este traballo estase realizando en varias fases xa que hai que dixitalizar unha gran cantidade de documentación. A visita enmárcase na rolda de contacto que está mantendo o goberno municipal coas empresas relacionadas coas novas tecnoloxías e do sector audiovisual que teñen sede en Ames. 

A pandemia da Covid acelerou o xeito de relacionarse de forma telemática entre a veciñanza e maila Administración local. Na actualidade a maior parte da cidadanía relacionase coa Administración a través de medios telemáticos, polo que é moi importante que o Concello dispoña de mecanismos dixitais para poder favorecer dita relación. Seguindo esta pauta de traballo, dende hai uns anos o Concello está dixitalizando a documentación do arquivo municipal. Dito traballo está sendo realizado pola empresa Unayta.

Precisamente, o alcalde de Ames e maila concelleira de Promoción Económica mantiveron unha xuntanza con responsables da empresa Unayta que ten a súa sede no Milladoiro. Trátase dunha empresa tecnolóxica especializada na dixitalización documental e oficina sen papel. O Concello de Ames está facendo un importante investimento neste senso para dixitalizar toda a documentación coa que se conta no arquivo municipal. A visita enmárcase na rolda de contacto que está mantendo o goberno municipal coas empresas relacionadas coas novas tecnoloxías e do sector audiovisual que teñen sede en Ames.    

O alcalde de Ames, Blas García, destaca que “Unayta é unha empresa innovadora que se dedica a dixitalización de documentación e coa que o Concello de Ames leva mantendo relación dende hai varios anos. Esta entidade está dixitalizando a documentación gardada no arquivo municipal co obxectivo de conservala en formato dixital. Trátase dun traballo que se está realizando en distintas fases xa que hai unha importante cantidade de documentos”.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, engadiu que “nesta ocasión visitamos unha empresa relacionada co sector das novas tecnoloxías. Esta visita servinos para ver de primeira man como traballan e establecer un contacto máis estreito cos seus responsables”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Visitan a consultora Unayta que está a dixitalizar o arquivo municipal amesán"

Imaxe da visita a empresa Unayta

Multimedia

  • Imaxe da visita a empresa Unayta