Pestanas principais

O goberno municipal visita á empresa amesá de tecnoloxía, Tecalis Innovación

Xoves, 05 de abril de 2018

[05-04-2018] O alcalde de Ames, José Miñones, e maila concelleira de Promoción Económica, Isabel González, visitaron xunto a un dos axentes municipais de desenvolvemento local e do coordinador da Oficina de Voluntariado, a empresa de tecnoloxía amesá, Tecalis Innovación, que está situada no polígono Novo Milladoiro. Por parte da empresa Tecalis participaron o director xeral, Isidoro Martínez, o director de operacións, Alberto Campos, e maila directora de desenvolvemento corporativo, Berta Caro. Tratouse dunha toma de contacto entre a dirección desta empresa e mailo goberno municipal. Dende o executivo amesán apostan por fomentar a ubicación de novas empresas relacionadas coa tecnoloxía no polígono do Milladoiro.

En dita visita aos directivos da empresa Tecalis Innovación, que participou a finais do pasado mes de febreiro no Mobile World Congress (MWC), foi un primeira toma de contacto entre a dirección da empresa e mailo goberno municipal, así como para dar a coñecer as instalacións desta entidade no Milladoiro que conta cun eminente perfil tecnolóxico. Dende o Concello tamén querían coñecer as necesidades de dita entidade, que leva no polígono do Milladoiro dende o 30 de xuño do 2012. Esta empresa foi creada en 2010. Nun primeiro momento a súa sede estivo na avenida da Maía, en Bertamiráns. Tamén contan cunha delegación en Madrid, e delegacións comerciais en México DF. O proceso de expansión da compañía prevé novas delegacións e colaboracións nun breve espazo de tempo, entre elas o mercado latinoamericano e o norteamericano.

Tecalis é unha empresa amesá de tecnoloxía, dedicada ao desenvolvemento áxil a medida de solucións cloud e deseño UX, e á consultoría estratéxica dixital e proxectos tecnolóxicos especializados na transformación dixital. Entre os proxectos de Tecalis atópanse desenvolvementos de alta tecnoloxía a medida, ciberseguridad, Big Data, Blockchain, APPs, solucións totalmente adaptadas ás necesidades concretas de empresas, administracións públicas, organizacións e asociacións, en todo o territorio nacional e tamén a nivel internacional. Tecalis inviste en I+D+i e dispón de tecnoloxías patentadas a nivel europeo. Ademais dispón de acordos de colaboración coa Universidade da Coruña (UDC) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC). Tamén é un dos patróns fundadores da Fundación Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información (CITIC) e as Comunicacións de Galicia ( FCITICG).

A compañía atópase inmersa nun período de crecemento e expansión mediante estratexias de innovación, RSE (Responsabilidade Social Empresarial) e Igualdade, co obxectivo de converterse nun referente no sector. Un dos primeiros pasos como empresa que promove a Igualdade nun sector tecnolóxico marcadamente masculino, foi a recente incorporación de Tecalis ao Clúster Tic Galicia da man dunha muller, un feito histórico no sector, así como a promoción da contratación de mulleres no seu persoal. As instalacións de Tecalis están personalizadas por deseñadores a gusto dos empregados, para que o ambiente laboral resulte agradable e adaptado ao persoal.

Ronda de visitas ás empresas amesás
O goberno municipal inicia así unha serie de visitas que vai a levar a cabo nos seguintes meses ás empresas do concello, para coñecer de cerca o perfil e as necesidades que se plantexan. O alcalde e a concelleira de Promoción Económica resaltan o alto grado de profesionalidade e o nivel que están a acadar as empresas tecnolóxicas de Ames con recoñecementos internacionais e premios como o recentemente obtido na Deputación por outra empresa amesá.

"O parque empresarial do Milladoiro destaca pola implantación de empresas do audiovisual e tecnolóxicas de referencia internacional e imos a seguir apostando por atraer talento e empresas importantes como recentemente sucedeu con Bahía software". Ames valley é xa unha realidade", resaltou Miñones.

Colaboración na campaña de Zocos e Trasnos
Esta entidade colabora con proxectos sociais. Deste xeito, colaborou na campaña posta en marcha durante o Nadal pola Oficina de Voluntariado de Ames e a asociación de veciños Vivo en Ames, en colaboración cos Servizos Sociais municipais, denominada Zocos e Trasnos.

Tamén contan con infraestruturas deportivas, áreas de xogos, lecer e relax, así como área de refrixerio saudable gratuíto para todos os empregados/as. Os empregados de Tecalis gozan tamén de horario flexible, políticas de conciliación familiar, soldo emocional e seguro médico. Barcelona Mobile Congress 2018, o evento de Telecomunicacións máis importante do mundo, foi o marco no que Tecalis presentou ao mundo o seu primeiro produto propio, a plataforma Signen, que converteu á compañía na única empresa galega especializada en tecnoloxía BlockChain.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Llamamiento del Concello de Ames a las tecnológicas en la sede de Tecalis"