Pestanas principais

O goberno municipal reúnese co Comité de Empresa e coa Xunta de Persoal na Mesa Xeral de Negociación

Mércores, 14 de outubro de 2015

[14-10-2015] Esta mañá o goberno municipal mantivo unha nova xuntanza cos representantes do persoal do Concello de Ames. Deste xeito, o alcalde de Ames, José Miñones, e os voceiros/as dos grupos políticos do goberno: Blas García do PSdeG, Genma Otero de Contigo Pódese, e David Santomil do BNG, mantiveron unha xuntanza cos membros do Comité de Empresa e da Xunta de Persoal. Esta é a terceira Mesa Xeral de Negociación que se realiza dende que tomou posesión o goberno municipal. Neste encontro abordáronse varios temas que estaban pendentes de tratar dende hai meses.

O primeiro acordo que se tomou foi a aprobación de varias actas de reunións anteriores. De seguido abordouse a constitución dos grupos de traballo/comisións que estaban pendentes. Na actualidade, hai unha comisión que está traballando na elaboración dun regulamento de xestión das bolsas de traballo do Concello de Ames. Este grupo de traballo xa ten moi avanzada a elaboración do dito regulamento, e en breve, o goberno municipal pasaralle o documento final aos representantes dos traballadores para que fagan as achegas que consideren oportunas. Este regulamento terá que aprobarse en Mesa Xeral de Negociación.

Unha vez se remate coa elaboración do devandito regulamente, o goberno convocará unha nova comisión para acordar unha instrución sobre a xestión das horas extras (tramitación, realización e compensación). De xeito simultáneo, crearase un novo grupo de traballo para iniciar unha primeira fase da modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ames, necesaria para a aprobación dos orzamentos municipais.

Por outra banda, achegóuselle á Xunta de Persoal un informe feito polo departamento de Intervención sobre a actualización dos trienios da Policía Local. Este informe quedou pendente de valorar por parte dos representantes do persoal funcionario.

Ademais, achegouse outro informe sobre diferentes cuestións relativas á proposta de extensión ao persoal funcionario das melloras que recolle o Convenio colectivo para o persoal laboral, mentres non se teña un acordo regulador aplicable a todo o persoal municipal (xornada de verán, fondo social, servizos extraordinarios fóra da xornada laboral, días sen xustificación por indisposición, e gratificación especial pola obriga de traballar as noites dos días 24 e 31 de decembro). Este punto quedou pendente do informe de Secretaría e de que os representantes dos traballadores valoren e acheguen as alegacións que estimen sobre os ditos informes.

Paga extra de decembro de 2012
Por último, o goberno municipal trasladoulle aos representantes do persoal que teñen a intención de levar ao Pleno ordinario de outubro unha modificación de crédito para pagar antes de final de ano o 26% da paga extra de decembro de 2012, que está pendente de pago. O 50% restante, que tamén está pendente de pago, queda ligado á aprobación do orzamento de 2016.

O goberno municipal tamén lle achegou aos representantes do persoal os horarios dos traballadores/as das escolas infantís municipais do curso 2015-2016.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Estudian el abono del 26 % de la extra de diciembre a la plantilla municipal"
El Correo Gallego: "Negocian el pago de extras y la bolsa de trabajo del concello"