Pestanas principais

O goberno municipal remata a rolda de contactos cos traballadores municipais visitando á Policía Local

Xoves, 09 de xullo de 2015

[09-07-2015] Este mércores, 8 de xullo, o goberno municipal rematou as quendas de visitas aos traballadores municipais visitando á Policía Local. Esta xuntanza enmarcouse dentro da rolda de contactos que mantivo o goberno municipal con todos os departamentos municipais e que se realizaron nas últimas semanas. Ademais, os concelleiros/as do goberno están tendo xuntanzas cos traballadores dos diferentes departamentos de cara a ir organizando o traballo e coñecer o estado de cada área municipal.

Nesta visita participaron o alcalde de Ames, José Miñones, a concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo, o concelleiro de Obras Públicas e Servizos Básicos, Blas García, a concelleira de Participación e Atención Veciñal, Isabel González, a concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, a concelleira de Mocidade e Transparencia, Silvia Dapena, e o concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil. As autoridades municipais estiveron acompañados polo presidente da Xunta de Persoal, Pablo Moure.

Esta xuntanza enmárcase dentro da rolda de contactos que mantivo o goberno municipal con todos os departamento municipais e que se realizaron nas últimas semanas. O rexedor municipal, José Miñones, trasladoulle aos axentes da Policía Local que “teñen abertas as portas do despacho de Alcaldía, para tratar calquera tema ou incidencia que xurda no traballo diario”. Miñones tamén os animou “a seguir traballando en prol da seguridade da veciñanza amesá”.

Ademais, os concelleiros/as do goberno municipal están tendo xuntanzas cos traballadores dos diferentes departamentos de cara a ir organizando o traballo e coñecer o estado de cada área municipal.