Pestanas principais

O goberno municipal publica a axenda semanal de traballo do alcalde e dos concelleiros/as

Luns, 21 de setembro de 2015

[21-09-2015] O goberno municipal acaba de publicar na páxina web a axenda semanal de traballo do alcalde e dos concelleiros/as. Deste xeito, todas as persoas que o desexen poderán premer nun banner, que está colocado na columna central do sitio web www.concellodeames.gal, para ver a axenda de traballo que tivo o alcalde e cada concelleiro e concelleira do goberno municipal a semana pasada. Ademais, os veciños/as que desexen ser atendidos polo alcalde ou polos concelleiros e concelleiras poden chamar aos números de teléfono 981 883 002, 663 712 056 ou 673 604 934 para concertar unha cita con eles/as.

O goberno municipal dá un paso máis de cara a facilitar a transparencia do traballo que se realiza na Administración local. Dende o goberno municipal explican que “se trata dun exercicio de transparencia. Deste xeito dáse cumprimento a un dos puntos que ía nos programas electorais dos grupo políticos que están no goberno e cúmprese un acordo tomado polo Pleno”.

Debido ás características da páxina web municipal decidiuse que está información estea colgada nun banner. Para acceder á devandita axenda do alcalde e dos concelleiros/as tan só é preciso premer nun banner que está colocado na columna central do sitio web www.concellodeames.gal

Segundo manifestan dende o goberno local “optouse por elaborar unha axenda da semana pasada porque consideramos que é un exercicio de transparencia e un xeito de render contas do traballo que o alcalde e os concelleiros/as realizan ao longo de toda a semana. Non se inclúe a axenda de traballo da semana na que estamos porque hai cambios e alteracións todos os días, polo que non se axustaría ao que estaría publicado”.

Por outra banda, todas as persoas que desexen ser atendidos polo alcalde ou polos concelleiros e concelleiras do goberno municipal poden chamar aos números de teléfono 981 883 002, 663 712 056 ou 673 604 934 para concertar unha cita con eles/as.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "El Concello amiense activa tres teléfonos para pedir citas con el gobierno"