Pestanas principais

O goberno municipal prohíbelle temporalmente á UTE Acciona Agua Espina Servicios a que non realice ningún corte no subministro do ciclo integral da auga

Sábado, 21 de xaneiro de 2017

[21-01-2017] O goberno municipal vén ditar un decreto a través do cal se lle prohibe, de xeito temporal, á UTE Acciona Auga Espina Servizos a suspensión no subministro do servizo do ciclo integral da auga aos abonados, que segundo esta entidade, teñen recibos pendentes de pagamento. Esta medida adoptouse despois de que dita entidade lle envíase ao Concello, entre o 2 de decembro de 2016 e o 12 de xaneiro de 2017, tres táboas diferentes nas que se reflectían un total de máis de 1.300 aboados, que segundo esta UTE, tiñan pagos pendentes de recibos do servizo do ciclo integral da auga, en período voluntario, e que lle foron notificados aos interesados.

Entre o 2 de decembro de 2016 e o 12 de xaneiro de 2017 a UTE Acciona Agua Espina Servicios remitiulle ao Concello dúas táboas diferentes nas que se reflectían un total de 1.310 aboados (o primeiro envío recollía 997 persoas e o segundo 313), que segundo esta entidade tiñan pagos pendentes de recibos do servizo do ciclo integral da auga, en período voluntario, e que lle foron notificados aos interesados.

Ante este elevado número de cortes e o incremento no número de queixas recibidas a través das Oficinas Xerais do Milladoiro e de Bertamiráns, así como a través da Oficinas de Consumo, o Concello o pasado 3 de xaneiro remitiulle un escrito a esta entidade na que se lle prohibía calquera corte no subministro ata que fora documentada a súa procedencia regulamentariamente; e no día de onte (19 de xaneiro) remitíuselle un decreto do alcalde para paralizar estes cortes de auga.

Os informes dos técnicos municipais constatan o irregular e deficiente comportamento da entidade na xestión do servizo, xa posto de manifesto anteriormente noutros supostos, neste caso evidencia a incorrecta xestión do cobro, pola omisión de tratamento e tramitación en tempo e forma dos impagos dos aboados ao servizo. Así, o sucedido pon de manifesto que dita entidade non fixo un seguimento progresivo dos impagos dende o comezo da prestación do servizo, chegando a tal extremo, que transcorrido o período previsto do contrato non consta que tramitara ningún.

Ademais, ao non realizar un control axeitado no control dos cobros impídelle ao Concello cuantificar a diferencia entre os casos de incumprimento ocasional e puntual (que puidera ser incluso en casos involuntarios) dun único recibo por persoa, e aqueles casos de impagos reiterados por parte dun mesmo titular xerando unha acumulación de liquidacións.

Tendo en conta estes informes dende o goberno municipal ditouse un decreto no se lle prohibe, de xeito temporal, a dita UTE, e como medida provisional, a suspensión no subministro do servizo, en canto non facilite a información que se lle requiriu de cada un dos abonados, que segundo esta entidade teñen recibos pendentes de pagamento. Esta información ten que ser achegada ao Concello, a través de medios electrónicos, nun prazo de quince días, a contar dende a sinatura de dito decreto por parte do Alcalde, que data do 19 de xaneiro.

O concelleiro de Servizos Básicos, Blas García, manifesta a súa sorpresa ante "o elevado número de avisos de corte enviados polo responsable da UTE" e incide en que "algo falla na xestión do servizo cando deciden mandar este envío masivo de notificacións a poucas semanas de que remate o contrato do Ciclo Integral da Auga".

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "El Concello de Ames prohíbe los cortes de agua por impago"
El Correo Gallego: "Ames prohibe cortar el agua tras constatar fallos en la gestión"