Pestanas principais

O goberno municipal mantivo hoxe unha reunión informativa coa oposición para aclarar como está a xestión do Ciclo integral da auga

Venres, 29 de agosto de 2014

[29-08-2014] O alcalde de Ames, Santiago Amor, e a concelleira de Medio Ambiente, María Eugenia Martín, mantiveron esta mañá, ás 13:30 horas, no salón de plenos da Casa do Concello unha reunión informativa cos membros da oposición para explicarlles como se atopan as xestións de licitación do servizo público do ciclo integral da auga. Segundo explica o alcalde de Ames, Santiago Amor, “a partir do día 3 de setembro o servizo municipal de saneamento e abastecemento seguirase prestando con total normalidade, como se veu facendo ata o de agora”.

O goberno amiense está traballando, en colaboración cos técnicos municipais, na licitación do servizo público do ciclo integral da auga e defendendo os intereses municipais. Deste xeito, o goberno municipal mantivo esta mañá unha reunión informativa cos membro da oposición para darlle conta das últimas xestións realizadas na licitación do ciclo integral da auga.

Durante os últimos días o goberno amiense estivo valorando as medidas a adoptar cos técnicos municipais, como sempre se fixo neste proceso. Despois de desenvolver este proceso de valoración, na reunión informativa de hoxe, comunicóuselle aos membros da oposición as medidas se van a adoptar, logo da valoración dos técnicos, para dar resposta a este asunto.

Na devandita reunión comunicóuselle á oposición que se iniciou xa un novo procedemento de licitación por nove meses para intentar que rematados os prazos legais Ames conte cun adxudicatario do servizo.

Tamén se lle informou que dependendo do que aconteza e unha vez que se promoveu a concorrencia, o Concello estaría na opción de poder recorrer a outras fórmulas que a normativa lle permita.

Segundo explica o alcalde de Ames, Santiago Amor, “o servizo de abastecemento e de saneamento segue prestándose a día de hoxe con total normalidade”. Santiago Amor, engadiu que “a partir do día 3 de setembro o servizo municipal de saneamento e abastecemento seguirase prestando con total normalidade, como se veu facendo ata o de agora”.



Contido relacionado


El Correo Gallego: "Mantienen la gestión del Ciclo da auga mientras Ames licita otra vez"