Pestanas principais

O goberno municipal informa sobre o procedemento de expropiación dos terreos para a construción dun novo CEIP no Milladoiro

Xoves, 05 de abril de 2018

[05-04-2018] Durante as últimas semanas os membros do goberno municipal están mantendo xuntanzas cos/as propietarios/as localizados no catastro para informar das valoracións e do procedemento de expropiación dos terreos, que se pretenden poñer a disposición da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Xunta da Galicia, para a construción dun novo colexio público de infantil e primaria no Milladoiro. A superficie afectada polo Plan Especial, para a dotación de infraestruturas escolares, é de 20.000 metros cadrados, repartidos en 13 parcelas.

No ano 2013 o Concello de Ames aprobou un Plan Especial, para a dotación de infraestruturas escolares, coa finalidade de realizar a posta a disposición dos terreos para a construción dun novo colexio público no lugar de O Milladoiro. Dende a súa aprobación quedou pendente de resolver o proceso de adquisición dos terreos, ata que no ano 2016 retomáronse os contactos cos propietarios localizados.

Co obxectivo de avanzar nos trámites necesarios para a dispoñibilidade pública dos terreos, sendo esta unha prioridade para o goberno municipal, convocóuselle a unha primeira xuntanza informativa en maio de 2017 para informarlle do procedemento de expropiación para dotación escolar no Milladoiro.

No ano 2018 debe realizarse o trámite definitivo para a posta a disposición dos terreos citados á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Xunta da Galicia, para o que se está a realizar a correspondente valoración ou taxación conxunta da que se informou aos propietarios localizados, como paso previo a iniciar de forma inmediata o procedemento administrativo de expropiación. A superficie afectada polo Plan Especial é de 20.000 metros cadrados, repartidos en 13 parcelas.

O concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, explicou “estanse a dar os avances necesarios para que a dispoñibilidade pública das parcelas poida ser unha realidade neste ano 2018, ao existir iniciativa política e orzamento para facelo. A adquisición de solo para equipamentos educativos é unha necesidade urxente para o Milladoiro e unha prioridade para o goberno municipal”.

O goberno municipal reuniuse con todos os propietarios localizados no catastro para informar das valoracións e do procedemento de expropiación. Nas diferentes xuntanzas informativas participaron o concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil; a concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero; e mailo concelleiro de Urbanismo, Blas García, ademais da arquitecta municipal. Por primeira vez, o Concello de Ames destina unha partida específica no Orzamento municipal para afrontar o procedemento de expropiación, como única posibilidade para axilizar a dispoñibilidade pública dos terreos.

Contido relacionado


El Correo Gallego: "Afirman que habrá parcela para el colegio de Milladoiro este año"
La Voz de Galicia: "El Concello de Ames reconoce «avances» para disponer de suelo para otro colegio"