Pestanas principais

O goberno municipal de Ames visita o Concello de Boiro para intercambiar experiencias co fin de estudar a municipalización dos servizos de recadación

Sábado, 03 de decembro de 2016

[03-12-2016] A concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, e o concelleiro de Urbanismo, Blas García, acompañados da interventora municipal e da tesoureira municipal visitaron o Concello de Boiro e tiveron unha xuntanza co seu alcalde, Juan José Dieste, o interventor e persoal municipal dos servizos de recadación. Esta reunión realizouse co obxectivo de intercambiar experiencias co goberno e técnicos de Boiro para estudar a municipalización dos servizos de recadación de Ames. Ademais, estanse mantendo contactos con outros concellos para traballar neste senso.

Nesta xuntanza intercambiáronse experiencias no tocante a como afrontar unha municipalización dos servizos de recadación. O Concello de Boiro fai anos asumiu ao persoal da empresa que levaba a xestión e recadación dos tributos e ten municipalizado este servizo.

Na actualidade o Concello de Ames ten delegada a xestión e recadación de determinados tributos na Deputación da Coruña e ten subscrito un contrato coa empresa GTT para a colaboración na xestión e recadación dos restantes. O gran volume de xestión que xera este Concello fai que se teñan que delegar estas tarefas, por non dispoñer dun servizo de recadación propio con dotación de medios materiais e de persoal municipal suficiente.

A concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, destaca que “a xuntanza foi moi produtiva porque sempre é bo intercambiar experiencias en aras a buscar vías e posibilidades para poder municipalizar servizos que consideramos básicos para o concello, coma neste caso os servizos de recadación. Aínda que Boiro é un concello máis pequeno que Ames, e no noso concello o volume de xestión é moito maior, esta toma de contacto foi positiva e continuaremos nesta liña facenda visitas a concellos para coñecer de primeira man estas iniciativas de municipalización destes servizos”.

O concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos, Blas García, incide no mesmo sentido “vamos a seguir visitando outros concellos cunha poboación similar a de Ames ou incluso superior co obxectivo de coñecer de primeira man como xestionan o servizo de recadación”.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "El Concello analiza el modelo de recaudación de Boiro mientras estudia municipalizar el servicio"