Pestanas principais

O Goberno municipal de Ames reúnese con representantes da asociación de veciños de Covas

Mércores, 23 de xaneiro de 2013

[23-01-2013] Membros do Goberno municipal de Ames co alcalde, Santiago Amor, á fronte reuníronse esta mañá na Casa do Concello con representantes da Asociación de Veciños da parroquia de Covas. O obxectivo deste encontro foi presentar a nova directiva da asociación aos representantes municipais e coñecer de primeira man as necesidades desta parroquia amiense.

Na reunión, o rexedor estivo acompañado pola concelleira de Medio Ambiente, María Eugenia Martín, polo concelleiro de Obras, Alfredo Taboada, e pola concelleira de Atención e Mediación Veciñal, Carmen Verde.

Entre outras cuestións, o rexedor amiense trasladoulle aos representantes da asociación veciñal que, con cargo ao POS 2013, se acometerán as obras de pavimentación e de mellora da capa de rodaxe da vía que une Capeáns e a Igrexa de Covas. No encontro, alcalde e concelleiros informaron aos veciños e veciñas de Covas dos plans do Concello amiense para esta parroquia en 2013 e recolleron as cuestións e necesidades que lles trasladaron.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "O Goberno municipal de Ames reúnese con representantes da asociación de veciños de Covas"