Pestanas principais

O goberno municipal de Ames reúnese coa comisión plenaria de abastecemento e saneamento

Luns, 28 de abril de 2014

[28-04-2014] O goberno municipal de Ames reuniuse esta mañá cos concelleiros e concelleiras dos partidos da oposición que compoñen a comisión plenaria de abastecemento e saneamento. Nesta xuntanza a concelleira de Medio Ambiente, María Eugenia Martín, deu conta dos últimos pasos que se deron con respecto ao ciclo integral da auga. Durante a comisión informouse de todos os pasos dados, seguindo o informe conxunto dos técnicos municipais, despois das reunións mantidas coa Deputación da Coruña e coa empresa pública EMALCSA. Ademais, facilitóuselle aos concelleiros/as da oposición toda a documentación para o novo procedemento, para que tanto o goberno como a oposición fagan as súas propostas.

A comisión plenaria de abastecemento e saneamento reuniuse hoxe no salón de Plenos da Casa do Concello. Nesta xuntanza a concelleira de Medio Ambiente, María Eugenia Martín, deu conta de todos os pasos dados desde a última reunión da comisión celebrada o pasado 24 de febreiro.

Na anterior reunión entregouse un informe elaborado de xeito conxunto polos departamentos municipais de Secretaría e Intervención, no que cal se explicaba que a única opción posible no ciclo integral da auga era a dunha concesión a curto prazo. Isto podíase facer a través dunha encomenda da xestión ou dun proceso de licitación co obxectivo de estudar a fondo o servizo, para o que haberá que realizar unha auditoría na que se estudarán as necesidades a largo prazo.

Deste xeito, o executivo amiense segue o camiño marcado polos informes dos técnicos municipais, tal e como se acordou na última reunión do mes de febreiro. Durante a comisión informouse de todos os pasos dados, seguindo o informe conxunto dos técnicos municipais, despois das reunións mantidas coa Deputación da Coruña e coa empresa pública EMALCSA. Ademais, facilitóuselle aos concelleiros/as da oposición toda a documentación para o novo procedemento, para que tanto o goberno como a oposición fagan as súas propostas.

A concelleira de Medio Ambiente, María Eugenia Martín, explicou que “aínda que un contrato menor non é necesario reflectilo a través dun decreto de Alcaldía, fíxose deste xeito para garantir a máxima transparencia e darlle a máxima visibilidade a este proceso administrativo. Neste decreto figura toda a información sobre este proceso e está a disposición de todos os concelleiros e concelleiras que o queiran revisar”.


Contido relacionado


El Correo Gallego "Oposición contra la gestión temporal del agua amiense"
La Voz de Galicia: "Ames licitará este mes el contrato del agua por dos años"