Pestanas principais

O goberno municipal convoca para o vindeiro luns, 28 de abril, a comisión plenaria de abastecemento e saneamento

Xoves, 24 de abril de 2014

[24-04-2014] O salón de plenos da Casa do Concello acollerá a vindeira semana unha nova reunión da comisión de abastecemento e saneamento para dar conta dos últimos pasos que se deron con respecto ao ciclo integral da auga. A comisión de abastecemento e saneamento reuniuse no pasado mes de febreiro, para dar conta do informe conxunto que realizaron os técnicos dos departamentos de Secretaría e Intervención. Neste informe concluíase que había que licitar o servizo a curto prazo, para que no período de dous anos se poidan recadar todos os datos relativos ao funcionamento deste servizo co fin de determinar se é máis axeitado licitar o servizo a longo prazo ou municipalizar o devandito servizo. Deste xeito, durante estes dous anos poderase realizar unha profunda auditoria e sacar a licitación o devandito servizo.

O vindeiro luns, 28 de abril, o goberno municipal celebrará unha nova reunión da comisión de abastecemento e saneamento, para dar conta de todos os detalles sobre o cumprimento do informe emitido polos técnicos municipais dos departamentos de Secretaría e Intervención respecto ao ciclo integral da auga.

Hai que destacar que a comisión de abastecemento e saneamento reuniuse no pasado mes de febreiro, para dar conta do informe conxunto que realizaron os técnicos de Secretaría e Intervención. Neste informe concluíase que había que licitar o servizo a curto prazo, para que no período de dous anos se poidan recadar todos os datos relativos ao funcionamento deste servizo co fin de determinar se é máis axeitado licitar o servizo a longo prazo ou municipalizar o devandito servizo. Deste xeito, durante estes dous anos poderase realizar unha profunda auditoria e sacar a licitación o devandito servizo.

No informe de Secretaría e Intervención tamén se alude a que neste momento do proceso non existe tempo para abordar a municipalización do servizo, unha opción proposta polos ex concelleiros do BNG na comisión que se celebrou no pasado mes de decembro. Ademais, na xuntanza do pasado mes de febreiro informouse de que existían dúas vías abertas; a licitación a través dun concurso aberto ou unha encomenda de xestión á empresa pública EMALCSA.

Durante este tempo mantivéronse reunións coa devandita empresa e coa Deputación da Coruña, para estudar a viabilidade destas propostas. Finalmente concluíuse que non é posible e que hai que acudir a unha licitación por concurso. Tendo en conta esta conclusión e en cumprimento do informe conxunto emitido polos departamentos de Secretaría e Intervención, estase redactando o prego de licitación. Este traballo encargóuselle á empresa que podía redactalo coas maiores garantías e no menor prazo de tempo.

Por último, dende o goberno municipal explican que o pasado luns, 21 de abril, houbo unha reunión na Casa do Concello na que os técnicos municipais informaron deste proceso. Así mesmo, inciden en que a oposición tivo acceso a toda esta información a través dos decretos de Alcaldía e o correspondente expediente de contratación.

A concelleira de Medio Ambiente, Maria Eugenia Martín, explica que “o goberno sempre actuou coa máxima limpeza e transparencia neste proceso. Antepuxemos en todo momento os intereses dos veciños e veciñas de Ames aos das empresas concesionarias”.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Amor niega ocultación de información sobre el agua y habrá comisión el día 28"
La Voz de Galicia: "Amor reunirá a la comisión del agua tras la polémica con la oposición"