Pestanas principais

O goberno municipal aproba o proxecto de mellora e ampliación do CEIP de Barouta

Sábado, 08 de xullo de 2017

[08-07-2017] Esta actuación conta cun orzamento municipal de execución de 60.380 euros e permitirá destinar máis de 150m2 a un espazo para actividades comúns do Concello e a comunidade educativa. Enmárcase nas previsións desenvolvidas polo Concello de Ames, froito do acordo coa Xunta de Galicia, para a realización de investimentos de mellora das infraestruturas dos centros públicos e o reforzo da atención educativa.

A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión deste xoves o proxecto refundido de mellora e acondicionamiento de sala de usos múltiples no CEIP de Barouta, que conta cun orzamento municipal de execución por contrata de 60.380 euros. De seguido, procederase á solicitude de ofertas económicas coa finalidade de iniciar as obras este verán, cun prazo de execución de catro meses. O proxecto conta co informe favorable do departamento municipal de Urbanismo e coas correspondentes autorizacións da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

A ampliación do CEIP de Barouta, que contará o próximo curso escolar cun espazo de usos múltiples situado no primeiro andar, é froito do acordo xeral entre o Concello de Ames e a Consellería establecido neste ano 2017 que tamén contempla a ampliación do IES de Ames e o CEIP Agro do Muíño, para os que a Xunta de Galicia destinou 1,1 millóns de euros, así como a posta a disposición dos terreos necesarios para a construción dun novo CEIP no Milladoiro.

A solución técnica proposta para dotar ao CEIP de Barouta deste espazo consiste na unión das dúas terrazas situadas na parte traseira do centro escolar, no primeiro andar, e contará con máis de 150m2 para destinar a usos comúns do Concello e a comunidade educativa no ámbito da conciliación da vida laboral e familiar, entre outras actividades do centro escolar. Atendendo así á necesidade de recuperar un espazo común trala incorporación do comedor escolar no primeiro andar. Trátase, polo tanto, da primeira ampliación do centro dende a súa apertura fai máis de 25 anos.

Contido relacionado


El Correo Gallego: "O goberno amiense aproba a ampliación do CEIP de Barouta"