Pestanas principais

O goberno municipal acada o apoio do concelleiro non adscrito, Javier López, para aprobar o Orzamento municipal de 2018

Mércores, 28 de marzo de 2018

[28-03-2018] O goberno municipal continúa sumando apoios para sacar adiante as contas do exercicio 2018. Nesta ocasión asinou un acordo co concelleiro non adscrito, Javier López, para aprobar o Orzamento municipal de 2018. Este apoio súmase ao tamén acadado co grupo municipal de Ames Novo. O concelleiro non adscrito achegou varias propostas antes da entrega do borrador e ampliou a súas achegas cunha nova proposta recente, todas elas debatidas na xuntanza de negociación que se mantivo o pasado mércores, 21 de marzo.

Afondando no obxectivo de acadar o máximo consenso para a aprobación do Orzamento municipal de 2018, o goberno municipal vén de asinar un acordo co concelleiro non adscrito, Javier López, que permitirá a aprobación dun presuposto que superará a cifra de 24.400.000 euros. Os contactos para acadar un acordo iniciáronse o pasado 24 de xaneiro coa invitación, por parte do goberno ao concelleiro non adscrito, co obxectivo de achegar propostas para a elaboración do Orzamento de 2018, así como para o envío dos datos do borrador do presuposto de 2018.

O concelleiro non adscrito achegou varias propostas antes da entrega do borrador e ampliou a súas achegas cunha nova proposta recente, todas elas debatidas na xuntanza de negociación que se mantivo o pasado mércores, 21 de marzo. De dita xuntanza, unha vez estudadas e debatidas as propostas, valorando o conxunto do proxecto de Orzamento de 2018, o concelleiro non adscrito, Javier López, comprometeuse a apoiar a aprobación do novo presuposto, que será sometido á aprobación do Pleno, e o goberno municipal adquire os compromisos de asignar unha partida de crédito para a realización dun estudo de alternativas para dotar ao Milladoiro dunha piscina cuberta climatizada.

Outros compromisos que se recollen en dito acordo son implantar medidas de actuación e promoción turística para a posta a punto de cara ao Xacobeo 2021 no Concello de Ames; fomentar o uso e implantación do vehículo eléctrico no concello instalando infraestruturas de carga en puntos estratéxicos; así como incrementar as partidas económicas correspondentes a actuacións nas zonas rurais do concello (promoción actividade económica, xeración de emprego, melloras rede viaria, desenvolvemento enerxías renovables e actuacións en sociedade da información).

Contido relacionado


Compostela 24 horas: "El gobierno municipal consigue el apoyo del concelleiro no adscrito, Javier López, para aprobar el presupuesto municipal de 2018"
Ames Go: "O Goberno conta con Ames Novo e Javier López para o si aos Orzamentos"
El Correo Gallego: "Apoio do edil López ós orzamentos polo estudo da climatizada para O Milladoiro"
La Voz de Galicia: "El presupuesto de Ames incluirá estudios para una piscina cubierta en Milladoiro y para municipalizar el agua"