[06-08-2011] A Concellaría de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo de Ames está traballando para potenciar e dinamizar as áreas comerciais dos dous núcleos urbanos do Concello, Bertamiráns e O Milladoiro. Nesta liña, o concelleiro de Promoción Económica, Bernardo Moar Míguez, mantivo unha reunión cos comerciantes ambulantes e entidades asociativas empresariais máis representativas do Concello de Ames para propoñer o establecemento dun mercado de rúa no Milladoiro. Esta proposta tivo moi boa acollida por parte dos comerciantes, que “levaban anos demandándoa” segundo explicou o Presidente de AEMI (Asociación de Empresarios, Comerciantes e Profesionais do Milladoiro) Carlos Neira.
Dende o novo goberno de Ames, e en particular dende a Concellería de Comercio e Promoción Económica, Traballo e Turismo son conscientes da importancia dos mercados de rúa e venda ambulante no desenvolvemento socioeconómico das vilas, por iso levan tempo traballando na dotación dun mercado de rúa no Milladoiro. Bernardo Moar achegou dúas propostas á reunión mantida con comerciantes e asociacións, ademais do establecemento dun mercado de rúa no Milladoiro, tamén valorou a posibilidade de ampliar o mercado de rúa de Bertamiráns con 17 novos postos na Praza da Maía. Esta última proposta foi rexeitada polos vendedores ambulantes, por iso, a Concellaría de Comercio estuda outras posibilidades comaoestablecer un mercado de artesanía, postos de productos ecolóxicos, antigüidades etc.
Moar estuda desenvolver o mercado no Milladoiro as tardes dos luns
Os luns pola tarde é o día que tanto os comerciantes e as asociacións, coma Bernardo Moar, consideran máis apropiado para desenvolver este mercado debido ás características da cidadanía deoMilladoiro, xa que moita xente durante o venres pola tarde e a fin de semana non se atopa na localidade. A localización que probablemente acollerá o mercado será a praza de Manuel Murguía.
Bernardo Moar explicou que o mercado comezaría a funcionar así que se solucionasen os problemas de aparcadoiro no Milladoiro "nos que dende o actual goberno xa estamos a traballar con varias liñas de actuación, algunha delas moi avanzada" .
Previamente á reunión que o concelleiro de Promoción Económica mantivo con comerciantes, e asociacións coma AEMI, Bernardo Moar xa tmantivera contactos coas catro asociacións empresariais do Concello (Asociación de Empresarios, Comerciantes e Profesionais do Milladoiro (AEMI), Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro, Asociación de Comerciantes de Bertamiráns (ACB) e Asociación de pequenos comerciantes Viorneira Palmira Bulevar) para coñecer as súas inquedanzas e peticións. Bernardo Moar foi presidente e fundador de AEMI, polo que é coñecedor dos problemas cos que se atopan comerciantes e asociacións do Milladoiro e recorda que "eu mesmo cando presidía AEMI pedía xa un mercado de rúa para Milladoiro".
Contido relacionado
El Correo Gallego: "Ames dotará con su primer mercadillo del lunes a O Milladoiro"
La Voz de Galicia: "El Concello quiere que Milladoiro tenga un mercado semanal"