[02-06-2011] O alcalde en funcións de Ames, Carlos Fernández, incide en que vai a realizar un proceso de sucesión ordenada. Cada un dos concelleiros vai elaborar un dossier detallado de todos os proxectos que se executaron durante a última lexislatura e dos que quedan pendentes de executar. Ademais de dar traslado desta información ao novo goberno municipal, nos vindeiros días cada un/unha dos concelleiros/as en funcións vai comparecer en rolda de prensa, para explicar e render conta dos proxectos realizados durante os últimos anos nos que estiveron no goberno municipal.
Nos vindeiros días cada un/unha dos concelleiros/as en funcións vai comparecer en rolda de prensa para explicar e render conta dos proxectos realizados durante os últimos anos nos que estiveron no goberno municipal. Fernández reuniuse cos concelleiros/as en funcións para detallar os aspectos que haberá que ter en conta para realizar o traspaso de poderes co novo goberno municipal que tomará posesión o vindeiro día 11 de xuño.
O alcalde de Ames en funcións, Carlos Fernández, explica que "pretendo que sexa un traspaso de poderes exemplar, por suposto, como eu non o tiven cando accedín á alcaldía. Os concelleiros que forman parte do equipo de goberno teñen instrucións moi claras de preparar dossieres dos temas máis importantes que temos entre mans e entregarllos a quen veña a continuación, por suposto ao novo alcalde a ao seu equipo, dicíndolle o que está posto en marcha e o que queda por completar".
O rexedor municipal en funcións continua dicindo que "as últimas xuntanzas do grupo de goberno estiveron dedicadas a este asunto. E as miñas instrucións son moi claras. Fagamos balance de como queda todo e entreguémoslle ao novo goberno unha boa documentación. Aparte de que os expedientes están administrativamente no Concello, entreguémoslle un resumo dicíndolle como queda todo".
Por último, Fernández, destaca que "poñerémonos á súa disposición para nos días, semanas e meses vindeiros nos podan dar unha chamada e preguntarnos por calquera dúbida que teñan. Estaremos a súa disposición porque creo nas institucións e creo na continuidade institucional, por suposto".
Contido relacionado

El Correo Gallego: "Fernández prepara una sucesión ordenada"
La Voz de Galicia: "El gobierno amiense hará balances públicos de todas sus áreas"




