Pestanas principais

O Goberno de Ames se interesa polo proceso de municipalización da auga de Teo e trasládalle ao concello veciño a idea de que nun futuro se poida xestionar conxuntamente

Sábado, 12 de setembro de 2015

[12-09-2015] O alcalde de Ames, José Miñones, reuniuse co alcalde de Teo, Rafael Sisto para tratar asuntos de interese para ámbolos dous concellos. Na reunión falaron do proceso de municipalización da auga de Teo e Miñones trasladou a Sisto a idea de que nun futuro se poida abordar a xestión pública da auga conxuntamente. Tamén se falou do Transporte Metropolitano e a mellora das conexións viarias entre Milladoiro e Teo. Ademais aproveitouse esta xuntanza para firmar un convenio polo que Ames cede ao concello de Teo catro policías locais para que presten labores de apoio ao tráfico e a seguridade cidadá no Campionato do Mundo de Trial que se desenvolve no municipio veciño esta fin de semana.

É a primeira reunión que o alcalde de Ames realiza co alcalde do concello de Teo. O obxectivo e tratar puntos de interese e confrontar fórmulas de actuación en temas comúns , de xeito que favorezan a ámbolos dous concellos. Na reunión Miñones e Sisto falaron da xestión pública da auga. Miñones interesouse polo proceso de municipalización que se está a levar a cabo en Teo e Sisto informouno sobre os trámites e as dificultades coas que se atopou o Concello de Teo no tempo que durou o proceso de municipalización. Ademais o alcalde de Ames trasladoulle a posibilidade de mancomunar o servizo unha vez este posto en macha en Ames, cuestión á que o alcalde de Teo se amosou favorable.

Na reunión falouse tamén do Transporte Metropolitano e das das posibilidades de mellora das conexións viarias entre Milladoiro e Teo.

No transcurso da reunión firmouse un convenio de cesión de catro policías locais de Ames a Teo esta fin de semana no que o concello veciño celebra o Campionato do Mundo. Esta cesión faise en previsión das dificultades coas que se poida atopar a Policía Local de Teo no desenvolvemento do este evento deportivo. Os catro efectivos da Policía Local, que non estaban de quenda en Ames esta fin de semana, asistirán aos seus homólogos de Teo desde o venres, día 11 ata o domingo, día 13, e prestarán apoio en materia de tráfico e seguridade cidadá.

Contido relacionado


"Miñones y Sisto también ven temas comunes y buscan fluidez en su comunicación"
"El gobierno amiense quiere mancomunar con Teo una gestión municipal del agua"