Pestanas principais

O goberno de Ames establecerá a partires do ano 2017 un sistema especial de pago do IBI dividindo o recibo en dous pagos

Venres, 16 de decembro de 2016

[16-12-2016] A concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, informa que se recibiu con data do 14 de decembro a resolución pola que a Deputación Provincial da Coruña comunícalle ao goberno que aceptan as solicitudes formuladas polo Concello de Ames, de datas do 23 de outubro de 2015 e 19 de outubro de 2016, nas que se solicitaba que se establecese un período especial de pago neste concello para o IBI, para aliviar así a carga impositiva deste imposto municipal que é o que maior repercusión ten nas economías dos amesáns.

O goberno municipal de Ames anuncia que a Deputación da Coruña aceptou a solicitude que se fixo desde o Concello é ditou unha resolución pola que se establecen a partires do ano 2017 dous períodos de pago en período voluntario dos recibos do IBI. O alcalde de Ames, José Miñones, agradécelle á Deputación que “teña atendido esta demanda que cremos importante e necesaria e da que se beneficiará toda a veciñanza amesá”.

Na resolución establécese a posibilidade de pagamento do recibo do IBI a partires do ano 2017 en dous cargos sen ningún tipo de custe, a metade do importe pagarase o día 30 de xuño ou inmediato hábil anterior, e a outra metade o último día do período de pago da segunda voluntaria ou inmediatamente hábil anterior, que como regra xeral é o día 20 de outubro.

Será necesario para acollerse a este novo sistema especial de pago que se entregue unha solicitude expresa do obrigado tributario con un mes de antelación á data do primeiro cargo, aproximadamente antes do 31 de maio, é ademais deberá estar domiciliado o pago nunha entidade bancaria.

Durante o primeiro trimestre do vindeiro ano o goberno fará unha campaña de difusión onde dará a coñecer este novo sistema especial de pago do IBI ao que voluntariamente poderá acollerse calquera veciña/o que así o desexe.

A concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero manifesta que “no goberno de Ames celebramos que a Deputación da Coruña atendera á nosa petición aínda que con atraso, pois esta medida vai aliviar as economías das nosas veciñas/os facilitando o pago deste imposto en dous prazos sen ningún tipo de custe engadido, imposto o IBI que a todas luces é o máis gravoso para a veciñanza”.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: " El Concello permitirá el pago fraccionado del IBI a partir del 2017"