Pestanas principais

O GOBERNO DE AMES CONFÍA NO DIÁLOGO COMO MEDIO PARA CHEGAR Á MELLOR OPCIÓN POSIBLE

Luns, 21 de novembro de 2011

[21-11-2011] Esta mañá reuníronse de novo o goberno de Ames e os representantes sindicais para tratar sobre a reorganización de postos de traballo. O goberno manifesta que se produciu un avance e que “os sindicatos solicitaron documentación de índole económica que se lles vai a entregar, algunha no día de hoxe e outra durante estes días”. Unha vez recibida esa información o goberno espera que os sindicatos fagan algunha proposta.

O Goberno de Ames non vai plantexar a súa proposta de reorganización de postos de traballo vía trámite plenario ata que se resolva dentro da Mesa Xeral de Negociación. O Goberno de Ames mantense á espera das propostas dos sindicatos e "non se pecha en banda, pero segue considerando como a mellor das opcións a que propuxo". O feito de non levar a pleno a proposta é un xesto de boa vontade co que o goberno quere amosarse dialogante para "chegar á mellor opción posible".

O Goberno segue disposto a manter abertas as canles de diálogo para chegar á mellor solución. O alcalde de Ames, Santiago Amor, segue apelando ao sentido común e á responsabilidade e deixa claro que " a reorganización de servizos municipais non ten nada que ver nin con afrentas sindicais nin directrices de partido".