Pestanas principais

O goberno amiense tivo 150 reunións no primiero mes de mandato

Xoves, 14 de xullo de 2011

[14-07-2011] O equipo de Santiago Amor tivo 150 reunións no seu primeiro mes ó fronte do goberno amiense. As áreas nas que se rexistraron o maior número de reunións foron urbanismo e asociacións veciñais. Entre as reunións que realizaron Santiago Amor e varios concelleiros atópase por exemplo a súa primeira visita institucional á parroquia de Lens, tal e como prometera Santiago Amor durante a campaña electoral, así coma a reunión mantida cos veciños da Rúa Anxeriz do Milladoiro, ou diversas xuntanzas con asociacións veciñais do rural. O goberno amiense prestaralle unha atención especial ao rural e ás necesidades que este ten, proba diso son as xuntanzas que xa está mantendo neste ámbito veciñal.

A área de urbanismo requiriu practicamente o 40% das reunións mantidas polo goberno de Ames. O concelleiro encargado desta área, Ramón García Argibay, destaca que froito destas reunións é a decisión de chegar a acordos con veciños e promotores para levantar tódolos tanques de gas propano do concello de Ames e así evitar unha situación irregular que levaba máis de cinco anos estancada. Argibay explicou que "os tanques de propano, que están ao aire libre ou enterrados, teñen a obriga de conectarse aos servizos que xa presta o concello como o gas cidade ou calquera outra alternativa que estimen oportuna os veciños". Ramón G. Argibay destacou que "hai unha actuación decidida por parte de urbanismo do concello de Ames para que se conecten coa rede municipal os tanques pero procuraremos que isto redunde no menor custo posible para os veciños".

Por outra parte, Santiago Amor destaca as reunións con colectivos sociais e a visita institucional á parroquia de Lens. Este era un compromiso electoral que se viu agora cumprido. Amor explica que "o diálogo é unha idea capital para o seu equipo de goberno e para el mesmo, e que a xente ve que con este goberno se pode dialogar e desbloquear temas que ata o de agora parecían non ter solución". O alcalde amiense destaca tamén que " nun problema herdado coma a falla de prazas no colexio Agro do Muíño o goberno implicouse e nomeou ao concelleiro de Educación, Afonso Rey, como interlocutor permanente e directo coa asociación de pais e nais afectados".

Contido relacionado


El Concello de Ames planea eliminar los depósitos de propano de los edificios