[01-05-2017] O GDR Terras de Compostela, ao que pertence o Concello de Ames, está organizando un plan de formación en marketing e imaxe corporativa, que está dirixido á poboación activa (ocupados e desempregados) principalmente vinculada o sector comercial. O día e o horario no se impartirá dito curso decidirase nas dúas reunións informativas que se van a facer o mércores 3 e o xoves 4 de maio no auditorio da Casa da Cultura de Negreira e no local da asociación de veciños de San Xián de Sales, en Vedra, que é sede de Terras de Compostela.
Esta formación ten como finalidade a mellora da imaxe dos establecementos comerciais a través de obradoiros de escaparatismo e empaquetado de produtos, tamén se vai a incidir na importancia da atención o cliente, o uso das novas tecnoloxías como ferramenta de promoción comercial. Este curso, que comezará na semana que vai do 8 ao 12 de maio, disporá de 58 horas de formación (impartirase un día á semana e catro horas por día). Trátase dun curso gratuíto. Os contidos que se van impartir son: a imaxe corporativa; a comunicación e as novas tecnoloxías; e a atención ao cliente.
O día e o horario no se impartirá dito curso decidirase nas dúas reunións informativas que se van a facer próxima semana. A primeira reunión informativa será o mércores, 3 de maio, no auditorio da Casa da Cultura de Negreira, mentres que a segunda xuntanza desenvolverase o xoves, 4 de maio, no local da asociación de veciños de San Xián de Sales, en Vedra, que é sede de Terras de Compostela. Ambas reunións realizaranse en horario de 9:00 a 10:00 horas.
Este plan de formación está dirixido á poboación activa con necesidades de formación específicas no eido da atención ao cliente, mellora da imaxe comercial, xestión da comunicación externa/interna e presenza en redes sociais. O programa inclúe accións formativas para a mellora da cualificación dos participantes, e por ende, fomentando a empregabilidade tanto por conta propia como a través do emprendemento a través dunha metodoloxía participativa.
Para obter máis información sobre este curso pódeste poñer en contacto coa entidade organizadora, GDR Terras de Compostela, chamando aos números de teléfono 686 100 675/981 81 83 57 ou enviando un correo electrónico ao enderezo info@terrasdecompostela.org




