Pestanas principais

O Futbolín Club Ferrenquín organiza o II campionato de futbolín solidario

Martes, 25 de novembro de 2014

[25-11-2014] O Concello de Ames informa de que o vindeiro sábado, 29 de novembro, ás 20:00 horas, celebrarase a segunda edición do campionato de futbolín solidario no restaurante Ferrenquín, que está situado na avenida da Maía, número 66. Para inscribirse cada parella terá que achegar alimentos non perecedoiros por valor de 15 euros (preferiblemente aceite, leite e atún en conserva). Todos os alimentos serán doados a Cáritas Bertamiráns. Para máis información e inscrición hai que chamar ao número de teléfono 881 97 41 86.

Por segundo ano consecutivo o Futbolín Club Ferrenquín organizou un campionato solidario de fútbolín que se desenvolverá este sábado, 29 de novembro, a partir das 20:00 horas no restaurante Ferrenquín, que está situado na avenida da Maía, número 66.

Para inscribirse cada parella terá que achegar alimentos non perecedoiros por valor de 15 euros (preferiblemente aceite, leite e atún en conserva). Todos os alimentos serán doados a Cáritas Bertamiráns. Para máis información e inscrición hai que chamar ao número de teléfono 881 97 41 86.

O teu xoguete, un sorriso
Ademais, este club organizou unha recollida de xoguetes baixo o lema O teu xoguete, un sorriso, que se poderán entregar ata o vindeiro 15 de decembro. A través desta iniciativa intentarase xuntar xoguetes para repartir entre as familias máis necesitadas do concello co obxectivo de que ningún neno/a quede sen un xoguete durante as festa de Nadal. Os xoguetes doados haberá que depositalos no restaurante Ferrenquín.