Pestanas principais

O Fútbol Club Trasgos organiza unhas xornadas de portas abertas de fútbol sala durante o mes de setembro

Martes, 18 de setembro de 2018

[18-09-2018] Entre os días 18 e 27 de setembro, o Fútbol Club Trasgos vai desenvolver unhas xornadas de portas abertas de fútbol masculino co obxectivo de captar nenos interesados en pasar a formar parte dos diferentes equipos que ten este club amesán. Esta iniciativa consiste en abrir os adestramentos a todos aqueles rapaces que desexen acudir. Deste xeito, todos os nenos que queiran ir probar se lles gusta a práctica do fútbol sala poderán acudir ao pavillón do colexio Alca todos os martes e xoves en horario de 18.00 a 19.00 horas.

O Fútbol Club Trasgos abre, un ano máis, os seus adestramentos a todos aqueles nenos interesados en ver o traballo dos xogadores do equipo amesá dende dentro. Así, entre os días 18 e 27 de setembro, todos os interesados poderán acudir os martes e xoves, en horario de 18.00 a 19.00, ao pavillón do colexio Alca.

O obxectivo destas xornadas de portas abertas, para as que non é necesario inscrición previa, é o de captar nenos interesados en pasar a formar parte dos diferentes equipos que ten este club amesá. Así, o único requisito para entrar a formar parte do club é ter entre 4 e 14 anos. Para obter máis información podes chamar ao número de teléfono 670 518 120 ou enviar un correo electrónico ao enderezo efstrasgos@gmail.com.

Contido relacionado


Compostela 24 horas: "Portas abertas no Fútbol Club Trasgos"