Pestanas principais

O Fútbol Club Meigas está organizando unhas xornadas de portas abertas de fútbol feminino durante o mes de xuño

Martes, 17 de xuño de 2014

[17-06-2014] Durante o mes de xuño o Fútbol Club Meigas está organizando unhas xornadas de portas abertas de fútbol feminino co obxectivo de captar nenas que se integren nos diferentes equipos que ten este club amiense. Esta iniciativa consiste en abrir os adestramentos a todas aquelas rapazas que desexen acudir. Deste xeito, todas as nenas que queiran ir probar se lles gusta a práctica do fútbol sala poderano facer durante os días 11, 18 e 25 de xuño no pavillón polideportivo de Bertamiráns e os días 9, 16 e 23 de xuño no pavillón polideportivo do Milladoiro. En ambos casos hai que acudir en horario de 19:00 a 21:00 horas.

O Fútbol Club Meigas está organizando unhas xornadas de portas abertas de fútbol feminino durante o mes de xuño. Todas as rapazas que desexen probar se lles gusta practicar fútbol sala poderano facer acudindo aos adestramentos do Fútbol Club Meigas. Para iso terán que acudir os días 11, 18 e 25 de xuño ao pavillón polideportivo de Bertamiráns e os días 9, 16 e 23 de xuño ao pavillón polideportivo do Milladoiro. En ambos casos hai que acudir en horario de 19:00 a 21:00 horas.

Esta iniciativa consiste en abrir os adestramentos a todas aquelas rapazas que desexen acudir a practicar fútbol sala, co obxectivo de captar nenas que se integren nos diferentes equipos que ten este club amiense. Segundo explican dende o Fútbol Club Meigas “neste club non só atoparás hábitos de vida saudable, senón un grupo humano excepcional onde te integrarás tanto dentro coma fóra da pista de xogo”.

O Fútbol Club Meigas foi posto en marcha no ano 2004. O obxectivo deste club dende a súa fundación foi ofrecer ás xogadoras do concello a posibilidade de practicar fútbol sala, formar unha canteira de xogadoras, e que pouco a pouco sexan estas xogadoras as que fagan crecer o club. Dende a súa fundación o club foi aumentando o número de equipos e de participantes ata chegar actualmente a estar composto de 4 equipos e máis de 40 xogadoras.

O Fútbol Club Meigas encárgase de impartir as escolas deportivas municipais de fútbol sala feminino. Para obter máis información podes chamar ao número de teléfono 670 518 120, enviar un correo electrónico ao enderezo info@fcmeigas.com, entrar na páxina web www.fcmeigas.com ou consultar o Facebook http://www.facebook.com/FCMeigas.