[13-07-2012] O pasado sábado, 7 de xullo, disputouse o Triangular de Negreira, coa participación dos equipos: EDM Negreira, Fisober B e F.C. Meigas B. O primeiro partido do torneo disputárono o EDM Negreira e o Fisober B, co resultado de 2 a 8 a favor do Fisober B. O seguinte partido enfrontou ao EDM Negreira e ao F.C. Meigas B e terminou co resultado de 0 a 7 a favor do F.C. Meigas B. A final, entre o F.C. Meigas B e o Fisober B rematou co resultado de 4 a 1 a favor do equipo de Ames. Desta forma o F.C. Meigas B proclamouse campión do Torneo. As compoñentes do F.C. Meigas foron: Sheila, Belén, Andreita, Mary, Antía, Sabela, Xiana, M. Cosmen, Helena, Nuria e Lara.
O Fútbol Club Meigas naceu en 2009 froito do traslado do Fútbol Club de Brión ao noso concello, momento no que, co apoio co Concello de Ames, cambiou de nome e pasou a formar parte dos equipos de Ames, concello ao que pertencían a maior parte das xogadoras do antigo club de Brión. A presentación oficial do novo club celebrouse o 5 de setembro de 2009 en Bertamiráns no curso da V Edición do Torneo de Fútbol para Tod@s.
Así pois, dende 2009 as rapazas deste equipo disputan como locais os seus partidos no pavillón de Bertamiráns. Ademais, o primeiro equipo conseguiu importantes logros entre os que destaca pasar, en tan só catro anos, de ser as últimas da categoría provincial a gañar en 2009 a Copa da Coruña e ascender á categoría Autonómica.




