- Tematica
O centro de depósito de residuos rexistrou un total de 653 visitas repartidas en 630 no Punto Limpo do Milladoiro e 23 no Punto Limpo Móbil durante o pasado mes de novembro. Destaca a achega de 4.578 quilogramos de formigón e ladrillos, 1.349 quilogramos de metais, 750 unidades de pequenos aparatos eléctricos e electrónicos (PAES) e 4.181 quilogramos de madeira. O Punto Limpo está situado na rúa das Hedras do parque empresarial Novo Milladoiro e ata alí pode achegarse toda a veciñanza de Ames para desfacerse de aqueles obxectos e materiais que non van aos colectores convencionais.
Outro mes máis, as cifras do rexistro de entrada tanto no Punto Limpo do Milladoiro como no Punto Limpo Móbil segue sendo elevada, o que significa que, cada vez máis, a veciñanza de Ames está concienciada da importancia de separar e reciclar.
Durante o mes de novembro, ambos espazos de recollida de residuos rexistraron un total de 653 entradas de usuarios. Nas 630 que anotou o Punto Limpo do Milladoiro, o residuo máis recollido foi a mestura de formigón, ladrillos e outros refugallos, cun total de 4.578 quilogramos, seguido moi de preto pola madeira, que acumulou ata 2.809 quilogramos.
Os metais tamén rexistraron unha boa cantidade, con 1.510 quilogramos. Máis chama a atención a boa cifra de recollida dos Pequenos Aparatos Eléctricos e Electrónicos (PAES) e dos plásticos: 736 unidades e 505 quilogramos, respectivamente. Cifras que deixan ás claras o nivel de concienciación da veciñanza co medio ambiente.
En canto ao Punto Limpo Móbil, o residuo máis desbotado foron os metais, cunha achega de 19 quilogramos. Tras eles, destacan a madeira (16 quilos), os plásticos (15 quilos), a roupa (14 quilos), os PAES (14 quilos) e os lodos de pintura (12 quilos). Do mesmo xeito, tamén houbo rexistro de aceites, pantallas e fluorescentes.
Horario e teléfono de contacto do Punto Limpo
O Punto Limpo está situado na rúa das Hedras do parque empresarial Novo Milladoiro e ata alí pode achegarse toda a veciñanza de Ames para desfacerse de aqueles obxectos e materiais que non van aos colectores convencionais de materiais orgánicos, inorgánicos, vidro ou papel. Recentemente, ampliou o seu horario, e ofrece os seus servizos de luns a sábado en horario de mañá e de tarde. Así, o Punto Limpo abre de 9:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, seis días á semana. As persoas que teñan calquera dúbida poden chamar ao teléfono 981 53 66 88.
Os voluminosos deben entregarse no Punto Limpo. Outra opción é chamar aos números de teléfono 981 19 12 40 ou 639 10 76 38, e acordar unha data e un lugar para depositalos xunto ao contedor máis próximo e que, posteriormente, sexan recollidos.
Ampliación do servizo do Punto limpo móbil
O servizo do Punto limpo móbil, que encontrou en funcionamento no 2023, ampliou os seus servizos. Deste xeito, o último sábado de cada mes o Punto limpo móbil presta servizo nas urbanizacións de Aldea Nova, As Mimosas e Agro do Muíño, nos seguintes horarios:
-Urbanización de Aldea Nova: está diante do Centro de usos múltiples de Aldea Nova, en horario de 11.00 a 11.45 horas.
-Urbanización de Agro do Muíño: está na dársena de autobuses do CEIP Agro do Muíño, en horario de 12.00 a 12.45 horas.
-Urbanización de As Mimosas: está na zona da piscina, en horario de 12.55 a 13.30 horas.
O vehículo consta dunha plataforma móbil que se abre en dúas metades deixando un corredor central desde o que se accede aos colectores específicos para cada tipo de residuo. Nel hai un operario para axudar a que todos os residuos se depositen no colector que lles corresponde.
Os residuos que se poden depositar no punto limpo son aerosois, aceite doméstico, baterías e acumuladores, CD, DVD, disquetes e casetes, cristal, xoguetes, lámpadas e fluorescentes, pequenos electrodomésticos electrónicos (televisores, microondas, ordenadores, etc.), pilas, pinturas e vernices, radiografías, roupa e calzado e teléfonos móbiles.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "El peso de las reformas: los restos de materiales de construcción acaparan el Punto Limpo do Milladoiro"





