[18-12-2018] O Fútbol Club Meigas vén de poñer en marcha un novo proxecto: o primeiro Concurso de felicitacións de Nadal. Trátase duna nova iniciativa organizada polo club amesán, no que se busca tanto fomentar o uso do galego, impulsar a expresión artística e fomentar a participación na comunidade do club amesán. Este concurso está dirixido ás xogadoras do F.C. Meigas.
Coa chegada da época de Nadal o Fútbol Club Meigas acaba de organizar unha nova iniciativa. Trátase do Concurso de felicitacións de Nadal, a través do cal se pretende fomentar o uso do galego, impulsar a expresión artística das nosas nenas e fomentar a participación na comunidade.
As nenas e nenos que queiran participar en dito concurso teñen que enviar a súa creación por e-mail a fcmeigas@gmail.com co asunto “Iº Concurso de Felicitacións de Nadal” e indicando o seu nome e apelidos. Toas as creacións pódense enviar ata o día 21 de decembro.
A felicitación debe estar escrita en galego. Pode ser un texto, un debuxo, ou ámbalas dúas cousas. Cada participante pode enviar todas as felicitacións que queiras. O único requisito para poder participar é estar inscrita no Fútbol Club Meigas.
A felicitación escollida como gañadora, terá de agasallo unha equipamento do F.C. Meigas e será enviada para felicitar o Nadal no nome do F.C. Meigas.
Contido relacionado
Compostela 24 Horas: "O FC Meigas pon en marcha un concurso de felicitacións de Nadal"