Pestanas principais

O F.C. Meigas organiza unhas xornadas de captación para os equipos Provincial e Infantil Autonómico

Luns, 21 de agosto de 2017

[21-08-2017] O próximo 1 de setembro comezan os adestramentos do Primeiro equipo e do Infantil Autonómico do F.C. Meigas. As rapazas interesadas en formar parte destes equipos, poderán participar dos primeiros adestramentos e comprobar se teñen madeira de futbolistas.


Os adestramentos do F.C. Meigas serán, na categoría de Infantil Autonómica, os mércores, entre as 18:30h e as 20:00 horas, no pavillón do Milladoiro; e os venres, de 18:00h a 19:30h, no pavillón de Bertamiráns. Na categoría Senior Provincial, as futbolistas adestrarán de 20:00h a 22:00h, os mércores, no Milladoiro; e os venres, no pavillón de Bertamiráns, entre as 19:30h e as 21:30 horas.

O equipo Infantil Autonómico (entre os 13 e os 14 anos) é unha das novidades do F.C. Meigas de cara á nova tempada e competirá cos mellores equipos infantís de Galicia. Pola súa banda, o equipo Senior Provincial (formado por rapazas de máis de 15 anos) repetirá este ano a súa participación na Liga Provincial da Coruña, loitando polo ascenso á categoría Autonómica.

Para formar parte dalgún destes equipos de competición é preciso contactar co coordinador deportivo do club, Diego Montero, a través do número de teléfono 670 518 120 ou mediante o correo electrónico fcmeigas@gmail.com. As probas realizaranse ata o vindeiro 15 de setembro.

Aberto o prazo de inscrición da Escola de Fútbol Sala Trasgos
O prazo de inscrición está aberto para as seguintes categorías: prebenxamín 1º (nados en 2012-2013), prebenxamín 2º (2010-2011), benxamín (2008-2009), alevín (2006-2007), infantil (2004-2005) e cadete (2002-2003). As inscricións deben ser feitas telefonicamente no número 670 5018 120 ou a través do correo electrónico efstrasgos@gmail.com.

O E.F.S. Trasgos é unha escola de fútbol que segue os mesmos métodos de traballo e ensino que o F.C. Meigas. A través deles incúlcase a deportitividade e o espírito de equipo, fomentando, ao tempo, o sentido de compromiso, traballo e compañeirismo. 


Contido relacionado


Lindeiros: "O F.C. Meigas, de fútbol feminino, organiza unhas xornadas de captación"
Ames Go: "O F.C. Meigas organiza unhas xornadas de captación"