Pestanas principais

O FC Meigas estará presente no campionato de España de selecciones autonómicas infantís femininas de fútbol sala

Venres, 25 de maio de 2018

[25-05-2018] Ao longo desta fin de semana (os días 25, 26 e 27 de maio) dispútase en Noia o campionato de España de seleccións autonómicas infantís femininas de fútbol sala. O FC Meigas estará presente en dito campionato cunha xogadora, Malena Pellegrino, que será unha das doce xogadoras que representaran á comunidade galega, e cun técnico, Diego Montero, que formará parte da corporación técnica.

Malena Pellegrino (xogadora alevín do FC Meigas) será unha das doce xogadoras que representaran á comunidade galega no campionato de España de seleccións autonómicas infantís femininas de fútbol sala, que se disputa durante esta fin de semana en Noia. Ademais, en dito campionato participará Diego Montero (coordinador deportivo do club amesán) formando parte da corporación técnica.

Ambos están dende onte en Noia, realizando promocións do fútbol sala feminino e onde se disputará a partir de hoxe dito campionato de España. A selección de Galicia comezará a súa participación esta tarde, ás 17:00 horas, no pavillón municipal de Noia. A selección galega está encadrada no grupo A coas seleccións de Madrid e Murcia. No grupo B están Andalucía, Cataluña e Castela A Mancha.