Pestanas principais

O F.C. Meigas e a EFS Trasgos celebran entre os días 26 e 29 de decembro o campus de Nadal “Santi Valladares”

Venres, 16 de decembro de 2022

O Fútbol Club Meigas e a Escola de Fútbol Sala Trasgos organizan un ano máis o seu campus de Nadal “Santi Valladares”. Pensado para a rapazada de entre 4 e 14 anos, desenvolverase entre os días 26 e 29 de decembro no pavillón deportivo de Bertamiráns, de 9:00 a 14:30 horas. As persoas interesadas en obter máis información ou inscribirse poden facelo a través da páxina web fcmeigas.com, escribindo ao enderezo electrónico fcmeigas@gmail.com ou chamando ao número de teléfono 621 04 33 27.

O campus ten un custo de 70 euros, ou ben de 65 euros no caso dos participantes que xa estean inscritos nalgún dos equipos organizadores. Ademais da práctica de fútbol sala, os rapaces e rapazas practicarán outros deportes como baloncesto, voleibol, balonmán e colpbol. O principal obxectivo do campus é fomentar os valores do deporte, en especial a igualdade de xénero e a non discriminación.

Para realizar as inscricións no campus ou obter máis información pódese optar por tres vías: acceder á páxina web fcmeigas.com, escribir un correo electrónico ao enderezo fcmeigas@gmail.com ou ben contactar ao teléfono 621 04 33 27.

Cartaz do campus de Nadal Santi Valladares