- Tematica
Este domingo, 14 de setembro, o FC Meigas recibirá ao Valdetires FSF na primeira eliminatoria da trixésimo segunda edición da Copa da Raíña. O equipo de Ames participa por segundo ano consecutivo a Copa da Raíña e busca facer historia superando a eliminatoria que se disputa a partido único. Con moitas caras novas e tras cinco intensas semanas de pretempada, a Copa da Raíña é a antesala do inicio da competición de liga na que o FC Meigas comezará visitando ao CD Colegio San José, en Extremadura.
O FC Meigas afronta este domingo, 14 de setembro, o segundo partido oficial desta temporada. Enfrontarase ás 18.00 horas no pavillón municipal de Bertamiráns ao Valdetires FSF. Será na primeira eliminatoria da trixésimo segunda edición da Copa da Raíña. O equipo de Ames participa por segundo ano consecutivo a Copa da Raíña e busca facer historia superando a eliminatoria que se disputa a partido único. Previamente xa xogou o 30 de agosto ante o Vilalba FS na fase inicial da Copa Galicia recibindo ao Vilalba FS.
O club amesán comezou os adestramentos o pasado 11 de agosto cun renovado grupo de xogadoras, xa que das 15 integrantes do equipo que milita na Segunda División do fútbol sala feminino, 10 son novas fichaxes chegadas de Madrid, Avila, León, Cantabria, Brasil e Colombia. Ademais, mantéñense 5 xogadoras que xa formaban parte do equipo a temporada pasada. Esta é a terceira tempada consecutiva do F.C. Meigas na Segunda Federación Futsal feminina.
Tras o partido deste domingo, a vindeira fin de semana, o FC Meigas comezará a competición de liga na Segunda Federación Futsal feminina. Farao en Extremadura visitando ao CD Colegio San José.
Novas relacionadas:
Diario de Santiago: "O FC Meigas disputa este domingo, 14 de setembro, a primeira eliminatoria da XXXII Copa da Raíña"





