Pestanas principais

O FC Meigas dá o pistoletazo de saída á nova tempada este domingo en Bertamiráns, co respaldo do Concello de Ames e Gonzacar

Mércores, 30 de agosto de 2023

Este domingo, 3 de setembro, o FC Meigas, recentemente ascendido a segunda división nacional de fútbol sala feminino, enfrontarase ao FSF Castro, de primeira división, na Copa Galicia as 19:00 horas no pavillón de Bertamiráns.

O Concello de Ames e Gonzacar, patrocinador oficial do equipo, respaldaron a presentación deste primeiro partido da tempada 2023/2024 no Salón de Plenos do Concello de Ames, á que acudiron, por parte do FC Meigas, a presidenta, Paola Vignolo, e o coordinador deportivo e adestrador, Diego Montero.

A Concelleira de Deportes, Susana Señorís, en representación do Concello de Ames, resaltou o orgullo que supón para o Concello de Ames o FC Meigas, e adiantou que durante a vindeira tempada o equipo “seguirá a deleitarnos co seu bo facer no terreo de xogo”.

A presidenta destacou a honra que supón “participar na Copa Galicia, pois é consecuencia do traballo ben feito”. Vignolo finaliza marcando o obxectivo da tempada, que non é outro que “desfrutar competindo e facendo as cousas ben”.

O adestrador e coordinador deportivo, Diego Montero, non deixou pasar a oportunidade de facer referencia ao acadado o ano pasado en referencia ao ascenso á segunda división, que cualifica de “gran éxito”, e advirte que este
partido é para desfrutar. “Enfrontarnos a este transatlántico que é o FSF Castro é un reto, pero as rapazas teñen moitas ganas de competir a avanzar de forma conxunta nesta competición".

Esta tempada 2023/2024 o FC Meigas estará acompañado dun novo patrocinador, Gonzacar, que apoiou a presentación deste primeiro partido mediante a presenza do seu director comercial, Mario González, e xerente, Alfonso Cruz, que destacaron a dificultade do deporte feminino para acadar a mesma visibilidade. “En canto se nos presentou a oportunidade de patrocinar ao Meigas non houbo ningunha dúbida, foi moi fácil a decisión”, para finalizar. “Queremos seguir medrando con elas”, sentenciaron dende Gonzacar.

Presentación do primeiro partido da Copa Galicia

Multimedia

  • O FC Meigas dá o pistoletazo de saída á nova tempada este domingo en Bertamiráns, co respaldo do Concello de Ames e Gonzacar
  • O FC Meigas dá o pistoletazo de saída á nova tempada este domingo en Bertamiráns, co respaldo do Concello de Ames e Gonzacar
  • O FC Meigas dá o pistoletazo de saída á nova tempada este domingo en Bertamiráns, co respaldo do Concello de Ames e Gonzacar
  • O FC Meigas dá o pistoletazo de saída á nova tempada este domingo en Bertamiráns, co respaldo do Concello de Ames e Gonzacar