Pestanas principais

O expediente de cesión da parcela para a nova escola infantil en Bertamiráns irá a pleno extraordinario o próximo luns

Xoves, 08 de decembro de 2011

[08-12-2011] Esta mañá celebráronse as comisións previas ao próximo pleno extraordinario de Ames convocado para o vindeiro luns 12 de decembro. O próximo luns haberá un pleno extraordinario ás 9.30 horas con carácter eminentemente económico xa que a corporación municipal amiense debaterá a aprobación de dous recoñecementos extraxudiciais de crédito. Un deles é para aprobar facturas pendentes coa empresa Espina y Delfín por un importe de 362.662,34 euros, o outro é para aprobar facturas pendentes con diferentes provedores e o seu importe ascende a 455.653,83. Todas as facturas corresponden a gastos anteriores ao ano 2011 e non foron aprobadas ata o momento por falla de crédito.

Outro dos puntos que se abordarán no vindeiro pleno amiense será o inicio do expediente de cesión da parcela de titularidade municipal sita no polígono APE B7-06 "Rego dos pasos Sur" para a construción dunha escola de educación infantil pola Xunta de Galicia. O actual goberno buscou unha nova localización para construír a segunda escola infantil no núcleo de Bertamiráns respecto da plantexada polo anterior goberno. Ademais levou xa ao pleno ordinario do mes de setembro o cambio de uso da devandita parcela municipal, unha modificación que foi aprobada por unanimidade dos tres grupos políticos. Para poder cederlle esta parcela á Xunta soamente é preciso que pase o trámite do próximo pleno, deste xeito cumpriranse todos os pasos necesarios antes de poder iniciar a construción da escola infantil nesta parcela de 3.389 metros cadrados.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "O expediente de cesión da parcela para a nova escola infantil en Bertamiráns irá a pleno o luns"
La Voz de Galicia: "Ames celebra el lunes un pleno para aprobar la cesión del suelo de la guardería"
El Correo Gallego: "Ames solicita 818.000 € para pagar facturas y lleva a pleno la nueva guardería"