Pestanas principais

O espazo colaborativo A Proa acolle novas actividades formativas durante o mes de febreiro

Luns, 09 de febreiro de 2026

O espazo colaborativo A Proa, situado no parque empresarial Novo Milladoiro, programou para o mes de febreiro novas actividades de aprendizaxe co obxectivo de formar a autónomos e empresas e crear un ambiente de networking no que os/as emprendedores/as poidan establecer sinerxías e estreitar relacións sectoriais. Ademais, o espazo acollerá a gravación dun podcast. A inscrición para todas as actividades é libre e gratuíta. As inscricións poden facerse na páxina web de A Proa.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, sinala que “durante o mes de febreiro o espazo colaborativo A Proa organiza novas actividades estratéxicas. Haberá catro actividades, das cales dúas serán formativas; unha sobre como solicitar axudas públicas e outra relativa á automatización intelixente para persoas autónomas e emprendedoras. Ademais, haberá unha nova sesión de networking e unha nova gravación do podcast En beta permanente – Edición A Proa. Animamos a todas as persoas interesadas a que se inscriban e acudan”.

Estas actividades iniciaranse o vindeiro 19 de febreiro, ás 10.00 horas, coa celebración da formación Como solicitar axudas públicas, na que os asistentes aprenderán a identificar, comprender e solicitar axudas públicas de maneira clara e ordenada, evitando os erros habituais nestes procesos. Esta actividade de formación práctica será impartida por David López Bao. 

A sesión está orientada a persoas emprendedoras, autónomas e proxectos en fase inicial o de consolidación que busquen adquirir autonomía á hora de xestionar este tipo de trámites. Durante a formación, abordarase todo o proceso de solicitude, dende onde atopar as axudas axeitadas ata como preparar a documentación, presentar a solicitude e facer o seguimento correcto. 

A semana seguinte, o día 26 de febreiro, ás 10.00 horas, celebrarase a formación Automatización intelixente para persoas autónomas e emprendedoras, que impartirá Juan Diego Pereiro Areán. Un curso práctico no que se ensinará a dar os primeiros pasos na automatización de procesos sen necesidade de programar. Durante esta sesión, traballarase con exemplos reais que se poidan transmitir posteriormente á vida real dende o primeiro día. 

Gravación dun podcast e nova sesión de networking
Ademais dos cursos formativos, como ven sendo habitual o espazo colaborativo A Proa organiza máis actividades de interese para o eido dos negocios. É por iso que este mes acollerá a gravación do podcast En beta permanente – Edición A Proa coa influencer galega Marina Ramos, coñecida en redes como @wonderintravel, o 26 de febreiro ás 12.30 horas.

E para rematar o mes, Talento, tripulación e comunidade, o vindeiro día 26 de febreiro, ás 12.00 horas. Unha actividade pensada para volver conectar, compartir experiencias e seguir fortalecendo a rede que dá vida ao espazo de coworking. Será un encontro no que se reunirán coworkers actuais e antigos membros do espazo colaborativo co obxectivo de crear novas sinerxías, fomentar a colaboración e abrir oportunidades de networking entre profesionais de diferentes sectores.

Novas relacionadas

Xornal de Compostela: "A Proa programa en febreiro formacións, networking e a gravación dun podcast para persoas emprendedoras"

O espazo colaborativo A Proa acolle novas actividades formativas durante o mes de febreiro

Multimedia

  • O espazo colaborativo A Proa acolle novas actividades formativas durante o mes de febreiro
  • O espazo colaborativo A Proa acolle novas actividades formativas durante o mes de febreiro