Pestanas principais

O equipo de cadetes do Bertamiráns FC consegue o ascenso á Liga Galega

Martes, 08 de xullo de 2014

[08-07-2014] O Bertamiráns FC logrou o ascenso a Liga Galega cadete, tras superar na última eliminatoria á SD Dubra. Tras finalizar en terceira posición a liga regular, o equipo cadete A do Bertamiráns FC tivo que comezar a fase final enfrontándose ao CD Ciudad Jardín. No primeiro partido desta fase, disputado na Coruña, o equipo amiense gañou por un claro 0-8. No partido de volva, no campo municipal de fútbol de Bertamiráns, volveu a gañar por un contundente 19-1. Este partido coincidiu cos actos de conmemoración do 80º aniversario do Club.

Unha vez superada a primeira eliminatoria da fase final, realizouse un novo sorteo no cal o Bertamiráns FC quedou emparellado co CD Unión, un equipo que xa coñecía da liga regular. No primeiro partido desta segunda eliminatoria o equipo amiense perdeu por 1-0 a domicilio, pero no partido de volta en Ames, o Bertamiráns FC gañoulle por 5-0 ao CD Unión, pasando á terceira e última eliminatoria.

O sorteo volveu a ser caprichoso porque emparellou ao Bertamiráns FC con outro equipo co que xa xogara na liga regular, a SD Dubra. Na última eliminatoria o equipo amiense volveu a ser moi superior ao seu rival como demostran os resultados obtidos. No partido de ida o equipo amiense gañou por un claro 4-0, tras un gran partido de todo o colectivo. No partido de volta volveu a gañar por 0-1, logrando así o ascenso a Liga Galega cadete, un feito histórico xa que é a primeira vez nos 80 anos do Bertamiráns FC que se consigue este ascenso.

Novamente o adestrador Álex Parada, logra outro ascenso á Liga Galega co Bertamiráns FC, xa que na campaña anterior conseguiuno co equipo de infantís , e nesta ocasión cos cadetes. Hai que destacar a gran temporada realizada por Miguel e Fon na portería, Casas, Anxo, Jandro, Quitos, Queiruga, Mario, Adri e Jean na liña defensiva, Jimmy, Juan, Aaron, Fon, Felipe e Adrián no medio campo, e con Antón, Luismi, Xiraldez e Pablo nas posicións de ataque.



Contido relacionado