Pestanas principais

O equipo benxamín A do Bertamiráns FC logrou o terceiro posto no VII Torneo Concello de Ordes

Martes, 24 de maio de 2011

[24-05-2011] O Bertamiráns FC, mediante os nenos nacidos no 2.001, que integran o equipo benxamín A, logrou o terceiro posto no VII Torneo Concello de Ordes. Neste torneo participaron as formacións máis representativas do fútbol base da comunidade, con equipos como RC Celta de Vigo, RC Deportivo da Coruña, CD Ourense, EF Luís Calvo, etc., onde a formación benxamín A do Bertamiráns FC foi convidada a participar por primeira vez. O equipo amiense non defraudou na súa primeira participación e logrou un meritorio terceiro posto neste torneo.

O Bertamiráns FC, mediante os nenos nacidos no 2.001, que integran o equipo benxamín A, logrou o terceiro posto no VII Torneo Concello de Ordes. O equipo amiense comezou a súa andaina nesta competición derrotando por un claro 9-0 ao Atlético Arteixo. Polo mesmo resultado desfíxose da SD Ordes, equipo anfitrión. A continuación o Racing de Ferrol tampouco puido cos amiense, que se impuxeron aos ferroláns por 4-1. O último encontro da primeira fase enfrontou ao Bertamiráns FC co CD Ourense. Este partido rematou con empate a un gol.

Con estes números na fase de clasificación o Bertamiráns FC tivo que disputar as semifinais xunto co RC Celta, CD Ourense e Montañeros CF. Nas semifinais enfrontáronse o RC Celta contra o CD Ourense e o Bertamiráns FC contra o Montañeros FC. Os dous equipos disputaron un gran partido no que os amienses non lograron bater ao porteiro coruñés. A pesar de que o Bertamiráns FC xogou en todo momento en campo coruñés o partido rematou cun empate sen goles. Deste xeito houbo que recorrer aos penaltis para ditaminar o gañador. Despois de 12 lanzamentos o Bertamiráns FC quedou fóra da final.

Na loita polo terceiro e cuarto posto os amienses volvéronse a cruzar co CD Ourense. Neste partido o Bertamiráns FC foi claramente superior ao equipo ourensán. Iso quedou reflectido no marcador xa que os amienses impuxéronse por un contundente 3-0. Deste xeito conseguiron o terceiro posto do torneo.

O equipo benxamín A do Bertamiráns FC, que participou por primeira vez neste torneo, estivo composto por Ale e Javi na portaría, David, Mateo, Fran e Mario na liña defensiva, Ángel, Santi, Martín, Jose e Dani na medular, e Nico, Javi e Pablo na dianteira.