Pestanas principais

O equipo Aspuntadas.com proclámase gañador do IV Torneo de Veteranos de Fútbol 7 do Concello de Ames

Martes, 28 de abril de 2015

[28-04-2015] O campo de fútbol municipal de Bertamiráns acolleu onte a entrega de trofeos do IV Torneo de Veteranos de Fútbol 7. Este evento, organizado polo Bertamiráns FC en colaboración co Concello de Ames, desenvolveuse dende o mes de outubro e nel participaron unha decena de equipos. Cada conxunto está formado por un máximo de catorce xogadores nacidos antes do 1 de xaneiro de 1983, a excepción de dous xogadores por cada equipo.

Os tres primeiros clasificados foron Aspuntadas.com, con 50 puntos, Lavacolla, con 39 e Don Budi, con 37. En canto ao galardón ao máximo goleador foi para Marcos Ferro Sánchez, de Aspuntadas.com. Miritian Basile, do Lavacolla, clasificouse como mellor xogador mentres que Jesús Nieto Barreiro, do Bar Estela F7, foi o mellor porteiro. O alcalde de Ames, Santiago Amor, e a concelleira de Deportes, Ana Ruso, acudiron á entrega de trofeos.