Pestanas principais

O equipo alevín das escolas deportivas municipais xoga esta fin de semana o campionato de España de clubs de fútsal en Elxe

Xoves, 01 de xuño de 2017

[01-06-2017] O equipo alevín A das escolas deportivas municipais xogará o campionato de España de clubs de futsal este próximo fin de semana 2, 3 e 4 de xuño en Elxe. O equipo parte este xoves, 1 de xuño, rumbo á localidade ilicitana na que permanecerá ata o vindeiro luns día 5, coa ilusión de deixar o nome do Concello de Ames no máis alto. Este torneo é a recompensa ao traballo de 8 nenos que loitaron todo o ano por conseguir un soño que se marcaron desde o inicio de tempada.


O equipo alevín de fútbol sala das EDM de Ames, xestionado polo Bertamiráns FC, revalidou o campionato de Liga da zona de Santiago tras vencer na final ao Santiago Fútsal por 6-2. Ademais, este equipo proclamouse campión provincial ao gañar na final por 7 a 3 ao equipo de exalcohólicos da Coruña, e quedaron subcampións galegos.

O pasado 7 de maio xogaron na Coruña a final galega. No partido de semifinais gañáronlle ao Ancoradoiro de Pontevedra (campión da provincia de Pontevedra) por 13 a 4, e na gran final, que disputaron contra as Escolas deportivas de Ourense (campión da provincia de Ourense) perderon por 1-3.

Agora, disputarán durante os días 2, 3 e 4 de xuño o campionato de España de clubs de futsal en Elxe. Este torneo é a recompensa ao traballo de 8 nenos que loitaron todo o ano por conseguir un soño que se marcaron desde o inicio de tempada.