Pestanas principais

O equipo alevín das EDM de Ames disputa esta semana a final da fase provincial de fútbol sala contra o Parrulo FS

Mércores, 23 de abril de 2014

[23-04-2014] O equipo alevín das Escolas Deportivas Municipais de Ames disputará esta semana a final da fase provincial de fútbol sala contra o equipo ferrolán do Parrulo Fútbol Sala. O partido de ida xogarase este xoves 24 de abril, ás 17:30 horas, no pavillón polideportivo de Bertamiráns, mentres que o encontro de volta disputarase este venres 25 de abril, ás 20:00 horas, no pavillón municipal da Malata. O equipo das EDM de Ames accedeu á final despois de quedar campión na fase regular da Liga de fútbol sala de Santiago de Compostela.

O equipo de fútbol sala da categoría alevín das Escolas Deportivas Municipais de Ames está realizando unha magnífica temporada. Despois de quedar campión na fase regular da Liga de fútbol sala de Santiago de Compostela, agora terá que disputar a final da fase provincial de fútbol sala contra o equipo ferrolán do Parrulo Fútbol Sala. O partido de ida xogarase este xoves 24 de abril, ás 17:30 horas, no pavillón polideportivo de Bertamiráns, mentres que o encontro de volta disputarase este venres 25 de abril, ás 20:00 horas, no pavillón municipal da Malata.

O equipo alevín das EDM de Ames está composto por nove xogadores. O porteiro é Iván; como peches xogan Pablo Pan, Calos Lestón, e Ian Tobar; na demarcación de ala actúan Hugo Novoa, Javier López e Yago Maroño, mentres que os dianteiros son Gabriel Alexander e Miguel Sanjurgo. Se o equipo alevín das EDM de Ames consegue gañar esta eliminatoria tería que xogar a fase final do campionato galego e posteriormente aspiraría a disputar a fase final do campionato nacional.