Xoves, 18 de decembro de 2014
[18-12-2014] O Nadal amesán 2014 vén cheo de actividades lúdicas e sociais para compartir entre veciños e familias. O Belén vivente organizado polos comerciantes desenvolverase na Praza do Concello o venres, sábado e domingo pola tarde. Tamén o venres cinco corais porán a polifonía ás nove da noite na Casa da Cultura do Milladoiro. E o sábado pola tarde, exhibición de patinaxe artística no pavillón de Bertamiráns, a cargo do club Sarela, ás cinco. O turrón xa está aquí.




