Pestanas principais

O edificio multiusos de Aldea Nova acollerá este venres as audicións de violín do alumnado da EMMA

Xoves, 26 de abril de 2018

[26-04-2018] A Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) ofrecerá este venres, 27 de abril, unha serie de audicións de violín na Aula 10 do Edificio Multiusos de Aldea Nova. As audicións, que comezarán ás 19:00 horas, teñen como obxectivo que o alumnado da EMMA poida amosar as súas familias e amizades o traballo desenvolvido desde o inicio do curso. No total, serán interpretadas unha vintena de pezas de diferentes compositores e orixes. Premendo a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o programa completo das audicións.

As interpretacións comezarán coa composición popular Estreliña da man do grupo de iniciación da escola, conformado polas alumnas e alumnos Clara Capelo, Mercedes Tames, Alfonso J. Mosqueira, Uxía Manteiga e Olaya Barrado. De seguido, darase paso a unha serie de actuacións individuais a cargo das alumnas María Blanco, Antía Montero e Ariadna Calvo, que interpretarán, respectivamente, as pezas de orixe popular e tradicional French Folk Tune, Rocking e Polka.

As estudantes Flavia Carballo, Candela e Pedro Rubal protagonizarán a seguinte das actuacións, na que interpretarán Allegro do violinista xaponés Shin’ichi Suzuki. A continuación, desenvolveranse novamente unha serie de actuacións individuais. O alumno Francisco do Pazo interpretará a canción tradicional Claro de Luna, mentres que Héctor Méndez tocará a tamén tradicional The Rakes of Mallow. Carolina Rey, Iria Piñeiro e Laura Casas interpretarán, respectivamente, as composicións The Happy Farmer de Robert Schumann, Rodeo e Minueto 1 en Sol M de Johann Sebastian Bach.

A Aula Colectiva I, composta polas alumnas Carolina, Iria, Laura e María, así como polos alumnos Héctor e Francisco, interpretará dúas partituras populares: Pop Goes the Weasel e Round the Mountain. Posteriormente, terá lugar unha nova quenda de audicións individuais a cargo de J. Manuel Blanco, Iván Domínguez, Celia Barrado, Xabier Novoa, Carolina Díaz, Nuria Cal e Roi Manteiga. O alumnado, que actuará nesta orde, tocará as composicións Rights of Man, St. Patrick’s Day in the Morning, The Devil’s Dream, Praise to God – Isle of Man, Minueto 2 en Sol M, Entreacto de Rosamunda, Aria da Frauta Máxica. Finalmente, a Aula Colectiva II, da que fan parte Nuria, Roi, Carolina Díaz e Xabier, interpretará as pezas Concerto en Re M para 4 violíns, do compositor Georg Philipp Telemann e a tradicional Muiñeira da Ponte San Paio.

As audicións terán lugar este venres, 27 de abril, na Aula 10 do Edificio Multiusos de Aldea Nova, ás 19:00 horas. O obxectivo das mesmas é que as nenas e nenos poidan amosar, as súas familias e amizades, o traballo realizado desde o comezo do curso. O alumnado estará acompañado por Nuria Lestegás. O programa completo das audicións pódese atopar no apartado de descargas desta nova.

Contido relacionado


Compostela 24 Horas: "El edificio multiusos de Aldea Nova acoge este viernes las audiciones de violín del alumnado de la EMMA"