Pestanas principais

O dúo residente en Ames “La fe de Manuela” foi elixido para por son á volta ciclista 2011 coa canción “Como yo”

Mércores, 24 de agosto de 2011

[24-08-2011] Raúl Fernández, natural de Madrid pero afincando no Milladoiro, e Abel Montoto, natural de Lalín, son La fe de Manuela, os encargados de poñerlle música á Vuelta a España co tema “Como yo”. Despois de moitos anos loitando no mundo da música, a ambos cantantes chegoulles o seu momento poñendo voz ao gran premio de ciclismo español.

Raúl Fernández, natural de Madrid pero afincando no Milladoiro, e Abel Montoto, natural de Lalín, levan moito tempo no mundo da música e agora chegoulles o seu momento con La fe de Manuela, converténdose nos encargados de poñer música á Vuelta a España co tema "Como yo". Comezando de orquestra en orquestra, remataron por facer o dúo Hevel e Rayel na busca de algo diferente para aportar ao mundo da verbena. Este proxecto só durou un ano, e ao buscarlle continuidade será cando xurda La fe de Manuela, presentándose en Madrid.

"É o reflexo de moito traballo e esforzo" sinalan ambos integrantes, que teñen o seu disco "Rompecabeza" á venda. Este foi necesario para participar no concurso, xa que piden un disco situado no mercado e non unha única canción. "Deu a casualidade que tiñamos o albúm, engadímoslle a canción e gañamos", explican.

Aínda que neste tiveron que engadir, posteriormente, o tema que os está dando a coñecer xa que precisaban un tema moi pegadizo como resultou ser "Como yo". Para "nós é o pistoletazo de saída" sinalan ambos compoñentes. Raúl Fernández e Abel Montoto teñen tamén moi claro que detrás da Vuelta Ciclista traballarán en máis proxectos.

O éxito deste grupo non só ven dado pola experiencia, senón tamén pola fe que tiña Manuela, a tía de Abel lles decía que algún día chegarían moi lonxe. Hoxe, e dous anos despois de que falecera, conseguiron ese soño e recórda á tía de Abel a través do seu nome.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Un dúo de la comarca pone la banda sonora de la Vuelta a España"