Martes, 17 de xuño de 2014
[17-06-2014] O Concello de Ames informa de que o vindeiro luns, 23 de xuño de 2014, as oficinas que ten a empresa Espina & Delfín nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro permanecerán pechadas por ser festivo segundo convenio. Para calquera urxencia pódense poñer en contacto coa empresa Espina & Delfín chamando ao número de teléfono de atención permanente 609 26 48 89. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o aviso emitido por Espina & Delfín.




