Pestanas principais

O día 18 de decembro estará operativa a nova parada de taxis de Bertamiráns

Venres, 15 de decembro de 2023

O Concello de Ames instalou esta semana a caseta na nova parada de taxis de Bertamiráns. A localización da parada de taxis cambia de estar na rúa Alcalde Lorenzo á avenida da Maía. Esta nova parada estará operativa dende o vindeiro luns 18 de decembro, unha vez finalizadas as obras da Améndoa central na avenida da Maía.

As obras de humanización da Améndoa central supuxeron unha reordenación de espazos nas rúas e prazas afectadas por dita actuación. Un dos cambios afecta á localización da parada de taxis de Bertamiráns que dende o vindeiro luns, 18 de decembro, estará instalada na avenida da Maía, un lugar máis visible para as persoas que queiran empregar dito servizo. Ata o de agora a parada de taxis de Bertamiráns estaba na rúa Alcalde Lorenzo, ao carón da praza do Concello.

Esta semana estivo colocándose a caseta dos taxistas. Neste espazo, os condutores poderán resgardarse e atender as chamadas. Unha vez finalizada a instalación da caseta, a vindeira semana os taxis xa poderán empregar a nova parada da avenida da Maía. Dita caseta conta cun panel solar para subministrar enerxía a esta instalación.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "La parada de taxis de Bertamiráns se traslada a la avenida da Maía"

El Correo Gallego: "La parada de taxis se reubica en la avenida da Maía de Bertamiráns a partir del lunes"

Ames Go: "Nova parada de taxis en Bertamiráns"

 

Imaxe da nova parada de taxis de Bertamiráns