Pestanas principais

O departamento de Bibliotecas despide o curso cun contacontos en inglés, o mércores 7 de xuño

Sábado, 03 de xuño de 2023

O mércores 7 de xuño terá lugar na biblioteca do Milladoiro unha sesión de contacontos en inglés na biblioteca do Milladoiro, ás 17:30 horas. Non é necesaria inscrición previa. 

O contacontos correrá a cargo de Shaila Varela, usuaria da biblioteca, e de Daniel Gómez Varela. Está pensado para nenos e nenas a partir de 3 anos. Trátase da última actividade infantil programada polo departamento de Bibliotecas para o curso 2022-2023.

Esta sesión súmase á programación de contacontos que as Bibliotecas de Ames veñen desenvolvendo durante todo o primeiro semestre do ano.

Para máis información sobre a actividade pódese contactar coa biblioteca do Milladoiro escribindo ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal ou chamando ao número de teléfono 981 53 08 07.

Cartaz dos contacontos en inglés

Multimedia

  • Cartaz dos contacontos en inglés