Pestanas principais

O curso de viticultura remata cunha excursión e coa entrega de diplomas ás e aos participantes

Xoves, 29 de xuño de 2017

[29-06-2017] O curso de viticultura, organizado polo Concello de Ames, rematou neste mes de xuño. Para pór punto e final a oito meses de aprendizaxe, as e os participantes visitaron unha adega en Cambados, o que lles permitiu coñecer un pouco máis de preto a área da viticultura. Alén diso, tamén se organizou unha entrega de diplomas ao alumnado participante.

O curso de viticultura rematou un ano máis e, para celebralo, o alumnado realizou unha excursión á zona de Cambados, concretamente á adega Moraima, en Meaño. Alí, o alumando do curso coñeceu de primeira man o funcionamento dunha adega e tivo a oportunidade de gozar dunha cata de viños.

Entrega de diplomas
Ademais, o curso de viticultura rematou cunha entrega de diplomas ás e aos 26 participantes deste curso, que se vén organizando no concello de Ames ao longo de catorce anos. Nesta edición, o curso decorreu entre os meses de outubro e xuño, todos os luns, na Casa da Cultura do Milladoiro. O responsable de impartir dito seminario foi Emilio de Vicente Nogueira, voluntario do concello.