Pestanas principais

O concurso de marcapáxinas "Día internacional da muller" invita a nenos e nenas de Ames a usar a súa creatividade

Luns, 29 de febreiro de 2016

[29-02-2016] Os rapaces e rapazas dos centros escolares públicos de Ames teñen ata o día 4 de marzo para deseñar un marcapáxinas e participar no I concurso Día Internacional da Muller. Este certame invita a nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria a pensar nunha ilustración relacionada co tema da muller para un decorar un marcapáxinas de tamaño 21x5 cm. Os premios aos mellores traballos vanse entregar no acto de conmemoración do Día Internacional da Muller que se vai celebrar na Casa da Cultura do Milladoiro.

Os centros educativos serán os encargados de recoller os traballos dos pequenos, aos que se lles piden que traballen preferiblemente con cartolinas brancas ou de cores claras. Os propios centros asignarán ademais unha clave a cada alumno ou alumno para que a escriban no reverso dos seus traballos, sendo entregados así de forma anónima. Os marcapáxinas débense entregar antes das 13:00 horas do venres 4 de marzo.

Os e as responsables do Centro da Información da Muller serán os encargados de percorrer colexios e escolas infantís recollendo os traballos do alumnado. O xurado encargado de escoller os mellores traballos emitirá o seu fallo o día 7 de marzo á véspera do Día Internacional da Muller, que se celebra o día 8. Os premios, un diploma e material didáctico relacionado coa temática do concurso, serán repartidos na gala que conmemorará esta data na Casa da Cultura do Milladoiro. Ademais, os traballos escollidos polo xurado expoñeranse nas casas da cultura de Ames.

As bases do concurso establecen tres categorías diferentes. A primeira engloba ao alumnado de 4º, 5º e 6º cursos de Educación Infantil; a segunda ao de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria e a terceira aos rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. O Concello converterase en propietario dos traballos gañadores, reservándose a súa reprodución e distribución.

Contido relacionado


El Correo Gallego:"Un marcapáginas por el Día da Muller Traballadora y curso de tiempo libre"