Pestanas principais

O Concello ten confirmación oficial de que as enquisas de Servizos Sociais que se estaban a facer entre a veciñanza amesá eran por encargo do Ministerio

Luns, 04 de abril de 2016

[04-04-2016] O Concello de Ames, a través da concellaría de Servizos Sociais e Igualdade, quere tranquilizar á veciñanza amesá despois de ter conformación oficial de que as enquisas de Servizos Sociais, que se estaban realizando entre a veciñanza, eran por encargo do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, a través do Grupo Análisis e Investigación. As enquisas que se estaban realizando enmárcanse dentro do Plan Nacional sobre Drogas.

A concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo, explica que “dende o Concello non tiñamos constancia de que o Ministerio estaba facendo este estudo, por iso puxemos en alerta á veciñanza de Ames. Unha vez se puxeron en contacto con nós dende o Grupo Análisis e Investigación puidemos verificar que estas enquisas eran verídicas. Ademais, o pasado venres chegounos a conformación oficial de que o estudo que se está levando a cabo se enmarca dentro do Plan Nacional sobre Drogas”.

O obxectivo deste estudo é solicitar información sobre o consumo de alcol, cigarros e outras sustancias, así como cuestións relacionadas coa saúde en xeral. A participación neste estudo non lle causa o menor problema a ningún veciños/a e a sinceridade das súas respostas son decisivas para poder coñecer en profundidade os hábitos de consumo deste tipo de sustancias e así establecer políticas sanitarias de prevención e información.

Esta investigación resulta de vital importancia para orientar e planificar a política nacional en relación á saúde e a prevención do consumo destas sustancias. Esta enquisas, similar as que se fan noutros países da Unión Europea, contribúen a coñecer dunha forma científica e fiable as características socio-sanitarias da poboación fronte ás drogas. Para calquera dúbida sobre o estudo pódese contactar co Ministerio de forma gratuíta chamando ao número de teléfono 900 866 157.

As persoas que participan neste estudo escóllense de forma aleatoria como colaboradores en dito estudo. Esta colaboración consiste en cumprimentar un sinxelo cuestionario que lle mostra a persoas encargada de realizar as enquisas e que pertence ao Grupo Análises e Investigación S.L. (empresa encargada da realización do traballo de campo) e unha entrevista cara a cara sobre aspectos xerais da problemática de drogas en España.

Os datos obtidos a través deste traballo son tratados de forma totalmente anónima e confidencial, analizándose de xeito global xunto a todos os datos achegados no resto de fogares colaboradores (en ningún caso se valoran de xeito individualizado).

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Las encuestas denunciadas por el Concello las encargó el Ministerio de Sanidad"
El Correo Gallego: "Audicións musicais hoxe e mañá e enquisas lexítimas"