Pestanas principais

O Concello repartiu máis de 20.300 quilos de comida entre 300 familias amienses sen recursos

Mércores, 21 de decembro de 2011

[21-12-2011] O Concello de Ames, a través do departamento de Educación Familiar, repartiu diversos alimentos procedentes de excedentes da Unión Europea entre as familias amienses máis necesitadas. Este programa, que leva funcionando máis de 10 anos, está xestionado pola Cruz Vermella. No reparto dos alimentos colaboraron os técnicos e traballadores de diferentes departamentos (Servizo de Atención ao Migrante, Oficina de Voluntariado e o departamento de Educación Familiar), a brigada municipal de obras e varios/as voluntarios/as. Os días 1, 2 e 5 de decembro realizouse o reparto en Bertamiráns, mentres que no Milladoiro realizouse os días 7 e 8 deste mesmo mes. En Bertamiráns beneficiáronse 160 familias e no Milladoiro 140. Repartíronse máis de 20.300 quilos de comida entre a poboación de Ames que se atopa nunha situación de desvantaxe social, derivada de múltiples e diferentes situacións.

Os técnicos e traballadores do Servizo de Atención ao Migrante, da Oficina de Voluntariado e do departamento de Educación Familiar, así como varios traballadores da brigada municipal de obras e voluntarios/as colaboraron no reparto de alimentos proporcionados pola Cruz Vermella para arredor de 300 familias sen recursos que residen en todo o municipio. Este reparto realizouse os días 1, 2 e 5 de decembro en Bertamiráns, mentres que no Milladoiro realizouse os días 7 e 8 deste mesmo mes. Nos últimos anos produciuse un importante incremento en familias que piden esta axuda.

Deste campaña puideron beneficiarse todas as familias que se atopan en situación de risco de exclusión social. O reparto realizouse nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Ademais, as familias que teñen algún problema de mobilidade, recibiron o lote de alimentos nos seus domicilios. Disto encargáronse os técnicos e traballadores que colaboraron nesta campaña. Proporcionóuselles produtos básicos como leite, arroz, pasta ou fariña. Este programa leva funcionando máis de 10 anos e soen repartirse tres lotes ao ano.

Nos últimos anos este servizo viu un incremento nas familias solicitantes, debido en boa medida a crise. Para solicitar esta axuda é preciso acudir aos servizos sociais do Concello de Ames e, a través dunha traballadora social, realizarase un informe e se adxudicará ou non a susodita axuda. Esta é concedida polo Concello, pero os víveres son proporcionados pola Cruz Vermella. Unha vez que estes alimentos chegan ao almacén do Concello, estímase como se pode facer o reparto equitativo entre as familias, deixando sempre uns excedentes para casos de urxencia.

Este programa leva en funcionamento máis de 10 anos, repartindo comida unhas tres veces ao ano. Nesta ocasión, repartíronse alimentos como leite, arroz, pasta, colacao, leite para nenos/as, cereais, papillas para cativos, galletas, salsa de tomate, caldo, sopa ou queixo.



Contido relacionado


La Voz de Galicia: "El Concello de Ames repartió más de 20.300 kilos de comida a 300 familias"