Pestanas principais

O Concello recomenda adoptar unha serie de medidas para previr os incendios forestais

Venres, 06 de maio de 2011

[06-05-2011] O verán é unha época na que hai que extremar as precaucións para previr o risco de incendios forestais. Estas medidas teñen que ser adoptadas tanto polo Concello de Ames, que debe de limpar as vías, camiños e parcelas de titularidade municipal, como polos propietarios/as que dispoñen de parcelas incluídas nas faixas de especial protección dos núcleos de poboación, que deberán cumprir coa obriga de realizar a xestión do combustible vexetal. Para cumprir coas obrigas municipais, esta mañá o Concello de Ames remitiulle á Consellería de Medio Rural a relación de vías, camiños e parcelas de titularidade municipal afectadas pola lei de incendios forestais de Galicia, agardando que coa maior brevidade se asine o convenio de actuacións preventivas. A rede de vías municipais que discorren pola zona rural ten unha lonxitude de 213 quilómetros, o que supón unha actuación de xestión e roza da biomasa vexetal de 852.316 metros cadrados (85,23 hectáreas).

A prevención é a mellor medida para loitar contra os incendios forestais pero isto non basta. Debido a iso o Concello de Ames desenvolve todos os anos diferentes tarefas para previr os incendios forestais. Unha delas é a limpeza de vías, camiños e parcelas de titularidade municipais que se atopan en terreos de influencia forestal.

Estas tarefas, ao igual que en anos anteriores, realízanse a través dos medios propios dos que dispón o Concello, así como a través da contratación de servizos externos para executar a limpeza da rede de camiños, vías e fincas de titularidade municipal para xestionar a biomasa vexetal no estrato arbustivo e subarbustivo. Cómpre destacar que a roza faise de forma manual e mecánica. Para iso disponse de persoal propio ademais da brigada de xestión forestal e fluvial que se ten solicitado á Consellería de Traballo a través dos programas de cooperación, que realizan a roza de forma manual con desbrozadoras e motoserras, así como con tractores con brazo adaptado.

Hoxe remitíuselle á Consellería de Medio Rural a relación de vías, camiños e parcelas de titularidade municipal afectadas pola lei de incendios forestais de Galicia. A rede de vías municipais que discorren pola zona rural ten unha lonxitude de 213 quilómetros, o que supón unha actuación de xestión e roza da biomasa vexetal de 852.316 metros cadrados (85,23 hectáreas).

Obrigas dos propietarios/as de parcelas

Ademais a Concellaría de Medio Ambiente quere lembrarlle a todos os propietarios e propietarias de parcelas incluídas nas faixas de especial protección, nos núcleos de poboación, que deberán cumprir coa obriga de realizar a xestión do combustible vexetal (tala e roza). Como en anos anteriores, o Concello de Ames lémbralle a todos os veciños e veciñas que dispoñan dunha parcela, que estea situada nunha faixa de especial protección, que deberán realizar os devanditos traballos de tala e roza.

A lei 3/2007 de prevención de incendios indica que as persoas arrendatarias, usufrutuarias ou titulares de terreos están obrigados a xestionar a biomasa vexetal nunha franxa de 100 metros arredor de calquera núcleo poboacional, edificación, urbanización, depósito de lixo, cámpings, instalacións recreativas, obras, parques e instalacións industriais. Ademais deberán rozar e talar as especies arbóreas de alta combustibilidade, como piñeiros, eucaliptos e acacias, nos 50 metros desde o extremo da propiedade. Os 50 metros restantes deberán estar limpos de matogueira.

Todas estas medidas adóptanse co obxectivo de reducir os efectos de propagación dos incendios forestais tecendo de forma pasiva as vías de comunicación, as infraestruturas, zonas edificadas e áreas forestais e naturais de especial valor.

A nova noutros medios dixitais:

Contido relacionado


El Correo Gallego: "Ames presenta sus propuestas para prevenir los incendios"